domingo, 6 de marzo de 2011

CELTAS CORTOS - INTROVERSIONES

Na xogo da entrada anterior pudechedes escoitar un tema de Celtas Cortos , un tema de Waterboys, e outro de Dexy's midnight runners . ¿Que teñen os 3 grupos en común? Este "introversiones", o último disco dos Celtas Cortos.

Tras regresar á senda do Rock co disco anterior "40 de Abril", neste disco de versións proseguen indagando nas orixes da musicalidade da banda, facendo unha homenaxe ás bandas que inspiraron ese sonido tan característico dos Celtas Cortos (persoalmente eu boto en falta a Gwendal). O resultado é probablemente o disco máis Celta dende "Cuéntame un cuento".

Sería un disco fantástico ... se non fóra porque esas cancións xa existen. É certo que a moita xente lle gusta que se respete a composición orixinal, pero pola miña parte prefiro que cada un lle de o seu propio toque e salvando o feito de que moitas están en castelán, a maioría dos temas parécense en exceso aos orixinais.

O disco abre cun clásico dos Waterboys ("Fisherman's blues", "El blues del pescador"). Este medio tempo rockeiro ensambla con gusto o eléctrico e o acústico, cun excepcional saxo realizando o toque blusero da canción e con Cifuentes intentado igualar os agudos de Mike Scott. Déixovos a versión dos Celtas e a orixinal. Por certo, síntoo se vos aparece publicidade ao abrir algún dos videos, pero é o que nos queda





Outra das pezas famosas que versionean é o gran clásico "Come on, Eileen" da banda liderada por Kevin Rowland, Dexy's midnight runners.




Pero mais alá do pop, as 2 grandes influenzas dos Celtas Cortos proveñen do rock Celta: Oysterband, e The Pogues
Dos primeiros, versionean o "granite years" que o traducen como "Vida gris".





The Pogues, con Shane MacGowan ao frente, trasgrediron a escena folk dos 60 incorporando ao rock celta un aire de punk polo seu estilo irreverente. Deles toman prestado o clásico "fiesta"





Non descoidan tampouco as versións de temas tradicionais irlandeses como este "Marinero borracho" "Drunken sailor"




Non podía faltar unha representación do pop-rock español. Para eles o mellor compositor de cancións foi, sen dúbida, Antonio Vega. Por iso escolleron este tema: "lucha de gigantes"




Tampouco podían sustraerse das influencias latinas, neste caso representadas nunha versión (para min, sen dúbida, o mellor tema do disco polo diferente, transformando o folk arxentino na sonoridade celta que construén as melodías de acordeón, violín e whistle) dunha canción da gran Mercedes Sosa que puxo voz e música a un poema do chileno Julio Numhauser. "Todo cambia"




O resto dos temas son "Star of the County Down" , Tema tradicional, "Breizh positive", do grupo celta francés Ar Re Yaouank, "Malditos vecinos" de Kojón Prieto y los Huajolotes, "Category" dos irlandeses Moving Hearts, "Aita semeak" dos vascos Oskorri e outro tema tradicional chamado Shenandoah