lunes, 10 de octubre de 2011

VERSIÓNS: REDEMPTION SONG

>"Redemption song" é a última canción do noveno álbum de Bob Marley & the Wailers: Uprising
A letra é unha adaptación dun discurso do editor, periodista e empresario xamaicano Marcus Garvey.
Nunha entrevista na revista Rolling Stone, Rita Marley, para cando Bob compuso o tema, xa fóra diagosticado con Cancer, e atopábase nun profundo estado de depresión e tristeza que, según ela, se reflicte nesta canción especialmente. A mesma revista situou esta canción no posto 66 na lista das 500 mellores cancións de tódolos tempos.

Comecemos pois, coa versión orixinal subtitulada en español:



Como non, unha versión da nosa musa: Cassandra Wilson



No concerto VOICES AGAINST POVERTY, Bob Geldof, Bono (U2) e Youssou N'Dour fixeron esta fantástica versión:



Espectacular na voz de Lauryn Hill (ex-Fugees), acompañada por Ziggy Marley:



Alicia Keys en directo:


Rihanna, nun concerto en Brasil:


Annie Lennox tamén grabou este cover nunha actuación na BBC:


Unha das versións que máis me gusta, é esta de Stevie Wonder:



Outra vez Ziggy Marley, desta volta con "The Chieftains"


Johnny Cash xunto con Joe Strummer:


Pearl Jam en concerto:


Zulu, nun directo en Colorado en concerto a favor de Haiti tamén versioneu esta canción seguida doutro clásico "Rivers of Babylon"


Por último, hai varios intentos en español de versionear esta canción. Rescato como pasables estes dous. Primeiro esta versión de Búnbury con "Los Chulis"



E por último esta versión acústica do grupo argentino Attaque 77:

martes, 27 de septiembre de 2011

SOPHIE MILMAN: TAKE LOVE EASY

Fai tempo vos presentei a Sophie Milman e falamos do seu primeiro traballo. Espero que vos gustara, porque imos recuncar. Desta volta co seu novo traballo "Take Love Easy".
Un dos temas que máis me gusta, e esta versión do clásico de Bruce Springsteen: "I'm on fire", cunha mestura máxica de acid jazz e fusión:



O seguinte tema é unha versión dunha canción de Paul Simon: "50 ways to leave your lover"



Agora, unha versión do "Be Cool" de Joni Mitchell



De calquera xeito, non se olvida dos grandes standards do jazz, como o tema de Duke Ellington que da título ao álbum, "Take love easy"



Ou este outro clásico de Cole Porter, "I concentrate on you

"

martes, 2 de agosto de 2011

AMY WINEHOUSE D.E.P.

Dous álbums: Frank (2003)(en homenaxe as cancións de Frank Sinatra que escoitaba e cantaba con seu pai), e Back To Black (2006) chegaron para encumbrala e nomeala a nova diva do Soul. A idade na que morreu (27) basta para convertila en lenda para os seus fans.
Dende logo, non vou ser eu quen discuta as aptitudes musicais de Amy Winehouse pero con 2 álbums pretender metela no mesmo olimpo musical que Janis Joplin, Jimmy Hendrix, Jim Morrison, Brian Jones ou Kurt Cobain (os membros máis selectos do club dos 27) me parece algo precipitado. Amy pouco máis fixo que volver a poñer de moda o Soul clásico. Con talento e bo gusto, innegablemente.

Iso si, a súa morte é un negocio redondo para a súa discográfica e os seus managers. O seu segundo disco estaba no posto 59 da lista de ventas do Reino Unido. Agora mesmo é número 1. Pero ademais, o seu primeiro disco, pasou ao posto número 5. Mentres que o pack cos 2 traballos está xa no posto 10 da lista. Iso sen contar co máis que seguro disco de inéditos que sacarán a non tardar moito. Para eles as gañancias son o primeiro.

Como cantaba o gran Freddy Mercury, o espectáculo debe continuar.
Que pase a seguinte víctima.

Dito todo isto, a mellor homenaxe é deixarnos de polémicas e morbosidade e darnos o pracer de pechar os ollos e disfrutar escoitando a súa música, así que acá vos deixo unhas cantas cancións:

"Stronger than me" foi ó seu primeiro single. Cescrita por Salaam Remy e a propia Amy.



"Take the box" tamén do primeiro álbum. Unha versión en directo para a BBC.Posiblemente a miña canción favorita de Amy Winehouse.




Outra colaboración con Remy: "You sent me flying".



A última canción de Frank que vos deixo é este "In my bed"




Do segundo álbum, quizás a súa canción máis coñecida sexa "Rehab", escrito pola propia Amy. Déixovos a letra da canción e a traducción ao galego:

CHORUS:
They tried to make me go to rehab but I said 'no, no, no'
Yes I've been black but when I come back you'll know know know
I ain't got the time and if my daddy thinks I'm fine
He's tried to make me go to rehab but I won't go go go

I'd rather be at home with ray
I ain't got seventy days
Cause there's nothing
There's nothing you can teach me
That I can't learn from Mr Hathaway

I didn't get a lot in class
But I know it don't come in a shot glass

*Repeat Chorus

The man said 'why do you think you here'
I said 'I got no idea
I'm gonna, I'm gonna lose my baby
so I always keep a bottle near'
He said 'I just think you're depressed,
this me, yeah baby, and the rest'

*Repeat Chorus

I don't ever wanna drink again
I just ooh I just need a friend
I'm not gonna spend ten weeks
have everyone think I'm on the mend

It's not just my pride
It's just 'til these tears have dried

*Repeat Chorus

ESTRIBILLO
Intentaron que fora a rehabilitación, pero dixen "non, non, non"
Si, estivo mal, pero cando regrese xa o sabrás
Non teño tempo, e se meu pai pensa que estou mal
xa intentará facerme ir a rehabilitación, pero non vou ir.

Prefiro estar na casa con Ray (Ray Charles, suponse)
Non teño setenta días
porque non hai nada que ti poidas ensinarme
que eu non poida aprender do Sr. Hathaway (Donny Hathaway, outro músico de R&B)

Non é que aprendera moito na escola
pero sei que nada bo ven do alcohol

*Repetir estribillo

O home dixo: "¿Por que pensas que estás aquí?"
Contesteille: "Nin puta idea"
"Vou perder o meu bebé"
"Así que sempre teño cerca unha botella"
Dixo: "Creo que estás deprimida"
"Si, eu e máis o resto tamén o cremos"

*Repetir estribillo

Non quero volver a beber
Só preciso un amigo.
Non me vou a tirar alí 10 semanas
e facer que todo o mundo pense que me estou curando

Xa non é cuestión do meu orgullo.
É que xa se me acabaron as bágoas.

*Repetir estribillo


Aquí tedes un directo da canción:



O segundo single foi "You know I'm no good":



Esta é a canción que lle da título ao álbum "Back to black"


"Love is a losing game"


E de regalo, esta versión incluída no soundtrack de Bridget Jones do clásico de Carole king: Will you still love me tomorrow?

viernes, 8 de julio de 2011

BRUCE SPRINGSTEEN: RAREZAS (2)

Para rematar con este apartado de rarezas de Boss, nesta entrada vou deixar cancións emblemáticas compostas polo propio Bruce, pero interpretadas a dúo con outros artistas.

A primeira canción que vos deixo é este dueto con Sting para interpretar "The River"


Agora con U2 e Patty Smith, "Because the night" interpretada no Rock'n'Roll Hall of Fame (2009)


Outra vez no Rock and Roll Hall of Fame, desta volta con Billy Joel interpretando "Born to Run"



Con Eddie Vedder (Pearl Jam), cantando o "No surrender"


Bruce e Tracy Chapman con outro clásico do disco Born in the USA "My hometown"


Co gran Jerry Lee Lewis: "Pink Cadillac"


"The Rising" con Elvis Costello


E por último, o mellor dueto de todos: Sacando a cantar a súa nai Adele.

jueves, 23 de junio de 2011

CLARENCE CLEMONS. D.E.P

Non pode ser de outra maneira. Esta entrada ten que ir dedicada ao máis grande (en tódolos sentidos) saxofonista da historia do Rock: Clarence Clemons, "Big Man".
Conta a lenda que se coñeceron nun día chuvioso nun bar de Asbury Park. Springsteen ía tocar alí e de repente entrou un tipo negro enorme no bar preguntando quen era ese tal Springsteen do que todo o mundo falaba. Bruce acudiu acojonado a falar con el, e atopouse que o Gran Home lle pediu tocar o saxo con el. Nunca máis se separaron.

Parodiando a Pep Guardiola, Bruce é o puto xefe porque con el tiña a mellor banda de rock do mundo: Os tipos da rúa E. Pero estes eran a mellor banda porque tiñan ao mellor saxofonista da historia do Rock con eles. Pero xa nunca será o mesmo. Vai a costar escoitar o solo de saxo de "Jungleland" ou escoitar "Tenth Avenue Freeze Out" ou "The ties that bind" nun concerto sen o negro ese de 2 metros e máis de 130 kilos á esquerda de Bruce. Ninguén vai osar ocupar ese lugar porque a súa ausencia notaríase máis que a enormidade da súa presencia.
Vai a ser duro escoitar "Thunder Road" sen ser conscientes da infinita certeza de que unha época acabou. Vai ser duro facerse a idea de que un home tan grande que desprendía tan bo rollo e tanta tenrura, tamén podía xenerar tristeza.









Iso si, onde queira que esté, alí estarán de noraboa porque ademais dun bo saxofonista gañaron un gran Santa Claus:


No recordatorio que se entregou aos invitados ao funeral e que xa circula pola rede, se pode ler a seguinte frase: "Don't cry because it's over: Smile because it happened" (Non chores porque se acabou; Sonríe porque sucedeu). Así que como cantaba Freddy Mercury: The Show must go on: Débovos a outra entrada de rarezas do Boss, pero como vos dicía antes vai ser duro volver a escoitar estas cancións que aquí vos deixei sen Clarence Clemons. Por se acaso, eu vouno facer agora mesmo

martes, 31 de mayo de 2011

BRUCE SPRINGSTEEN: RAREZAS (1)

Como xa dixen nun comentario hai un par de semanas, non vou facer unha discografía completa de Bruce Springsteen neste blog xa que, como me gusta case todo, tardaríamos 6 meses en acabar.
Pero si que vos vou facer un par de regalos en forma de rarezas e duetos do Boss. Se fostedes a algún dos seus concertos, sabedes que sempre deixa algún regalo en forma de versións de clásicos ou duetos con outros artistas
Neste primeiro capítulo vouvos poñer temas de outros artistas (a maioría deles grandes clásicos) versioneados só ou a dúo por este fenómeno.

Non hai mellor maneira de empezar que con este dueto con U2 interpretando "I still haven't found what I'm looking for"


Outro tema que fai pouco puxemos neste blog: "Man on the moon" dos REM coa insestimable axuda do Boss


Con outro grande, John Fogerty, interpretando o gran éxito de Roy Orbison: "Pretty woman"


Enlazando con John Fogerty, atentos a esta versión que fixo Bruce nun concerto en Dublín do clásico da Creedence Clearwater Revival: "Proud Mary"


2 xenios sobre o escenario: Bruce e Chuck Berry cantando o "Johny B. Goode"


Nun concerto en Barcelona, versioneando o Twist and Shout dos Beatles cun meddey de "La Bamba" e ademais facendo un dueto co seu fillo Evan.


Agora nun concerto de Amnistía Internacional cantando a dúo con Sting o "Every Breath you take"


Gran versión en solitario coa acústica de "Blowing in the wind"


Outro clásico de Bob Dylan "Knocking on heaven's door" desta volta coa banda de Wolfgang Niedecken


"I can't help falling in love" de Elvis Presley


Máis Elvis: Non podía faltar o Jailhouse Rock



Outra vez coa banda de Wolfgang Niedecken interpretando agora o "Jumping Jack Flash" dos Rolling Stone


No Hard Rock Calling Festival, deixou esta xoia: Unha versión do "London Calling" de The Clash.


Voltamos aos Beatles, desta volta nun duesto con Axel Rose interpretando "Come Together"



Dueto con Jackson Browne para interpretar "Stay"


E acabo tal e como empecei, con outros dueto con U2 para interpretar este clásico de Curtis Mayfield "People Get Ready"


Para esta vez, non vos queixaredes eh? Espero que vos gustara.

jueves, 19 de mayo de 2011

CATHERINE RUSSELL

Catherine Russell tíñao todo para triunfar. A súa nai era cantante e o seu pai, Luis Russell, era o pianista da banda de Louis Armstrong. Fai cousa de un mes, descubrín este disco "Sentimental Streak" e como pasou con outra diva que non vou nomear xa que todos e todas estades namorados dela neste blog, leva un tempo sonando no meu reproductor sen parar.
Como a maioría destas novas cantantes de jazz, ten poucos prexuízos á hora de escoller estilos ou épocas. Toma prestados temas de aquí e de alá, mesturandoos con outros de producción propia, pero engadindo unha voz potente e "escoitable" en calquera estado de ánimo.

O primeiro tema que vos deixo é "Kitchen man", composta por Bob Brozman e popularizada por un mito do jazz: Bessie Smith.



O seguinte tema chámase "Inside this heart of mine" composto pola propia Catherine


Versioneando un clásico de Frank Sinatra "Can't we be friends?"


Un dos temas que máis me gusta do disco "So little time, so much to do"









"You for me, me for you"







E por último, unha homenaxe a "New Orleans"





martes, 17 de mayo de 2011

R.E.M. DISCOGRAFÍA COMPLETA. 3- A DECADENCIA

E entón quedaron 3. Logo, colapso e confusión.
Dende aquela, os R.E.M. tratan de disimular a ausencia dun dos seus fundadores. Bill Berry non era o lider, nin o principal compositor, nin aparecía nas entrevistas. Só era o batería. E aos que iso lle pareza pouco, recoméndovos que revisedes as biografías de mitos do Rock como Led Zeppelin ou The Who.
A partir de aquí, firman uns cantos discos deses que conteñen 1, 2 cancións ao sumo e parade de contar. O resto para olvidar

O primeiro álbum post-Berry foi "New Adventures in Hi-Fi" (1996). Supoñíase que era unha reivindicación do status de banda indie que tiñan nos seus inicios. Iso si, baixo a renovación de contrato máis cara da historia recente coa Warner Bros. Moi contradictorio.

O máis destacado deste disco é este dueto coa voz sagrada á que adoran os poetas Beat: Patty Smith. A canción chámase "E-bow the letter"´. É unha canción adicada a River Phoenix. Fala sobre drogas e barbitúricos (causantes da morte do actor) e sobre a fama non desexada que persigue a algunhas persoas.



Tamén podemos destacar neste disco a canción "Electrolite", a última canción con destellos do Automatic for the People.



Do seguinte álbum "Up" (1998) só vale a pena recuperar esta canción: "Daysleeper"



No 2001 lanzan "Reveal". Maís do mesmo, a parte deste tema "Imitation of life", non aporta absolutamente nada.



Pero en 2004 co álbum "Around the Sun", conseguiron que fans e crítica estiveran de acordo en proclamalo o peor álbum da historia de REM. Insoportable. Por recuperar algo, o menos malo do disco, é este single homenaxe a New York



En 2008 lanzan "Accelerate" e nun intento por chegar a eses fans desencantados, bótanlles un pulso á compañía discográfica, colgando o disco na páxina web antes de saír no seu formato físico. O disco é unha mínima recuperación con respeto dos anteriores. Poderíamos destacar un par de temas:
O single de presentación foi este "Supernatural superserious" que por fin, nos recordan que nun tempo houbo uns REM máis cañeros:



E tamén me gusta este "Man sized wreath" donde volve sobresaír a guitarra de Peter Buck, despois duns cantos anos agachada detrás dos sintetizadores.



E para acabar, neste ano lanzan o seu último disco "Collapse into now". Leín por ahí que está a altura de "Out of Time" e "Automatic for the people". Na miña opinión, nin de lonxe se acercan a esas 2 obras maestras.
Para empezar, é unha colección de cancións "escoitables", que xa é moito despois do que vos acabo de contar aquí (será que xa perdín a miña fe neles?), pero non ten unha canción redonda como "Losing my Religion" ou "Man on the moon" que quede na nosa memoria para sempre.

O primeiro corte do disco é este "Discoverer"


Un dos temas do que máis se falaba é este "ÜBerlin". Xuzgade vós mesmos:


Aínda que en principio non está proposta como single, probablemente a canción que máis me guste deste último disco sexa esta "Mine smell like honey", pois a min é a que me recorda aos REM da primeira etapa.


Non falta unha balada como nos seus grandes discos, neste caso este "Walk it back"

martes, 3 de mayo de 2011

R.E.M. - DISCOGRAFÍA COMPLETA. 2: O ÉXITO

Na anterior entrada, deixamos a REM recén firmado contrato coa "Warner".
En seguida sacan novo album "Green", e comezan as xiras multitudinarias. Deste disco, quédome con estas 2 cancións:

"Stand", unha canción pop ao estilo dos Talking Head


"Orange Crush". Vietnam, o axente naranxa, o síndrome postraumático que arrastrou a toda unha nación e por suposto, o fantasma do coronel Kurtz.


E o apoxeo chega co disco "Out of time" (1991). 10 millóns de copias vendidas póñenos no mesmo estatus que U2 ou Nirvana.
Por suposto, hai que comezar co seu gran éxito. Unha canción pola que moitas bandas matarían e que por sempre estará no podio das miñas preferidas.
"Losing my religion"


Outro tema destacado foi "Shiny Happy People" Comercialidade sen tapuxos, pero coa colaboración de Kate Pierson dos "B-52"


Pero o mellor estaba por chegar. En 1992 publican "Automatic for the people". A expectación era inmenasa pois neses momentos a banda de Stipe era recoñecida mundialmente e había bastantes críticos afilando os dentes, pois o normal era que despois do éxito de Out of Time, a banda baixara o nivel, o cal a priori convertía ese disco nunha presa fácil.
Basta dicir que o meu admirado Bono calificou este álbum como "o disco máis grande nunca gravado"

Ata 6 singles saíron deste álbum. O primeiro foi "Man on the moon". Unha homenaxe ao cómico Andy Kauffman e a suposta manipulación dos medios coa chegada do home á lua.
A versión que vos deixo acá é unha xoia que moitos seguramente non coñecíades. Un dueto de Sprignsteen e Michael Stipe.



Outro single destacado foi "the Sidewinder sleeps tonite" Unha desas letras raras que só entenden eles, pero cunha melodía moi pegadiza.


A 3ª canción que selecciono deste álbum é probablemente a súa canción máis coñecida despois do losing my religion, "Everybody Hurts"



Unha vez máis as cotas de popularidade eran tan grandes, que fixeron duetos por exemplo con U2. Para o meu gusto, esta é a mellor versión que nunca se fixo da canción "One" dos U2:




Do seguinte álbum "Monster" destaca sobre todo esta canción: "What's the frequency Kenneth?"


Pero se algo os marca, é a morte de Kurt Cobain, ao que lle dedican este tema: "Let me in"


Parten nunha macroxira, e entón ocorre o que marca o principio da decadencia: Bill Berry sufre un aneurisma cerebral mentres daban unha actuación en Lausanna (Suíza)

lunes, 11 de abril de 2011

R.E.M. Discografía completa. 1.- Os anos Indie

Esta mítica banda americana nacida en Athens, no estado sureño de Georgia en 1.980, foi a pionera do chamado Rock Alternativo.
Michael Stipe e Peter Buck coñecéronse na tenda de música que rexentaba este último. Stipe era un comprador compulsivo dos discos de Patty Smith e da Velvet Underground polo que se deron conta da afinidade que había entre eles. Decidiron formar un grupo e para iso liaron a outros 2 amigos: Mike Mills e Bill Berry.

O seu primeiro concerto foi baixo o nome de "Twisted Kites" nunha igrexa en Athens, pero Stipe elixiu a palabra R.E.M. (Rapid Eye Movement) unha fase do sono. Nese concerto, a banda coñeceu a Jefferson Holt, quen se convertiría no manager do grupo

No seguinte ano e medio, a banda fixo unha xira por todo o sur do país tocando versións de diferentes grupos. Nese tempo Peter Buck comenzou a desenvolver o seu distintivo xeito de tocar a guitarra e Stipe a escribir as súas primeiras letras, sempre enigmáticas e escuras. No verán de 1.981 o grupo grabou o seu primeiro single "Radio Free Europe" que destila rabia punk. Foi grabado como cara B de outra canción chamada "Sitting Still" no estudio caseiro dun amigo. Sorprendentemente o sencillo convertiuse nun éxito inmediato nas radios independentes que tiñan a súa vez unha enorme influencia en colexios e escolas de todo o sur, ata tal punto que o prestixioso periódico New York Times considerouna como unha das 10 mellores cancións de ese ano. As letras indescifrables de Stipe, a súa distintiva voz, e ese son sureño tan típico comezaban a súa andadura.
Gracias a iso, selos independentes de maior tamaño se interesaron en R.E.M. Firmaron un contrato con I.R.S. Records, e así comeza a súa andadura.
O primeiro álbum de estudio "Murmur" foi lanzado no ano 1.983. O disco obtivo un apoio enorme por parte do público e da crítica. Sen ir máis lonxe, a biblia dos amantes da música, a revista Rolling Stone considerou a "Murmur" o mellor álbum dese ano. Sabedes cal quedou 2º? Un tal "Synchronicyty" dos Police.
A primeira canción entón non pode ser outra que o Radio Free Europe.


Un ano mais tarde sacan o seu 2º disco: "Reckoning". Para o meu gusto, a canción máis destacada é este medio tempo chamado "So. Central Rain"



Para o terceiro álbum "Fables of the Reconstruction" foron a grabar ao Reino Unido.
Quizás da gloriosa primeira época dos REM sexa o peor álbum pero aínda así nos deixan 2 temas fantásticos:
Este tema chámase "Wendell Gee"



e sobre todos "Driver 8"


E en 1986 chega a gran explosión con "Life's rich pageant" un disco máis optimista, un chisco máis pop, e sobre con himnos ecoloxistas como este:
Cuyahoga é o nome dun río situado ao noreste do estado de Ohio. O nome deste río procede dos indios americanos, e literalmente quere dicir "Río torcido". Dito río foi obxecto dunha enorme contaminación, polo vertido de productos tóxicos no seu cauce, ata o punto que comezou a ser coñecido como o "río vermello"



Tamén empezan a aparecer cancións de crítica social como esta "Flowers of Guatemala". Dende a época de Eisenhower a CIA apoiou a uns cantos tiranos que gobernaban en Guatemala. As flores son as que adornan as tumbas dos máis de 100.000 campesiños guatemaltecos asasinados durante as distintas dictaduras.



Pero o gran hit deste álbum foi este "Fall on me". Déixovos unha versión con subtítulos en castelán.



En 1.987 aparecen 2 álbumes. O primeiro foi "Dead Letter Office"
A canción máis destacada aquí é Crazy



Pero a finais dese ano, sacan un novo disco "Document" que anuncia o final do contrato con I.R.S
Igual que con Life's Rich Pageant, este é un disco redondo para dar por finiquitada esa etapa.

O 1º single foi este "The One I Love", do que vos deixo unha versión acústica:


Siguen criticando ao réxime de Ronald Reagan, con este tema : "Finest worksong"


Pero sobre todo destaca este "It's the end of the world as we know it". Puro REM



E chega o contrato coa Warner. ... Algúns os acusaron de perder os seus principios, e eles responderon que o único que perderon foi a súa relixión.
Pero eso pertence ao capítulo 2 da discografía de REM

domingo, 6 de marzo de 2011

CELTAS CORTOS - INTROVERSIONES

Na xogo da entrada anterior pudechedes escoitar un tema de Celtas Cortos , un tema de Waterboys, e outro de Dexy's midnight runners . ¿Que teñen os 3 grupos en común? Este "introversiones", o último disco dos Celtas Cortos.

Tras regresar á senda do Rock co disco anterior "40 de Abril", neste disco de versións proseguen indagando nas orixes da musicalidade da banda, facendo unha homenaxe ás bandas que inspiraron ese sonido tan característico dos Celtas Cortos (persoalmente eu boto en falta a Gwendal). O resultado é probablemente o disco máis Celta dende "Cuéntame un cuento".

Sería un disco fantástico ... se non fóra porque esas cancións xa existen. É certo que a moita xente lle gusta que se respete a composición orixinal, pero pola miña parte prefiro que cada un lle de o seu propio toque e salvando o feito de que moitas están en castelán, a maioría dos temas parécense en exceso aos orixinais.

O disco abre cun clásico dos Waterboys ("Fisherman's blues", "El blues del pescador"). Este medio tempo rockeiro ensambla con gusto o eléctrico e o acústico, cun excepcional saxo realizando o toque blusero da canción e con Cifuentes intentado igualar os agudos de Mike Scott. Déixovos a versión dos Celtas e a orixinal. Por certo, síntoo se vos aparece publicidade ao abrir algún dos videos, pero é o que nos queda





Outra das pezas famosas que versionean é o gran clásico "Come on, Eileen" da banda liderada por Kevin Rowland, Dexy's midnight runners.




Pero mais alá do pop, as 2 grandes influenzas dos Celtas Cortos proveñen do rock Celta: Oysterband, e The Pogues
Dos primeiros, versionean o "granite years" que o traducen como "Vida gris".





The Pogues, con Shane MacGowan ao frente, trasgrediron a escena folk dos 60 incorporando ao rock celta un aire de punk polo seu estilo irreverente. Deles toman prestado o clásico "fiesta"





Non descoidan tampouco as versións de temas tradicionais irlandeses como este "Marinero borracho" "Drunken sailor"




Non podía faltar unha representación do pop-rock español. Para eles o mellor compositor de cancións foi, sen dúbida, Antonio Vega. Por iso escolleron este tema: "lucha de gigantes"




Tampouco podían sustraerse das influencias latinas, neste caso representadas nunha versión (para min, sen dúbida, o mellor tema do disco polo diferente, transformando o folk arxentino na sonoridade celta que construén as melodías de acordeón, violín e whistle) dunha canción da gran Mercedes Sosa que puxo voz e música a un poema do chileno Julio Numhauser. "Todo cambia"




O resto dos temas son "Star of the County Down" , Tema tradicional, "Breizh positive", do grupo celta francés Ar Re Yaouank, "Malditos vecinos" de Kojón Prieto y los Huajolotes, "Category" dos irlandeses Moving Hearts, "Aita semeak" dos vascos Oskorri e outro tema tradicional chamado Shenandoah

lunes, 21 de febrero de 2011

XOGO MUSICAL

Canto sabes da música dos 80?
Ben, pica neste enlace para demostrar os teus coñecementos. Hai 4 niveis. Os 2 primeiros son de música española dos 80 e os outros 2 música en inglés. Para resolver a actividade simplemente preme no reproductor e pon o nome do grupo , deixas un espazo, guión (-) e o nome da canción. Ex. U2 - WITH OR WITHOUT YOU
Un par de aclaracións:
- ESCRIBE O NOME DO GRUPO E A CANCIÓN EN MAIÚSCULAS
- NON USES TILDES

A vindeira semana deixarei un comentario coas solucións. Mentres tanto, podedes resolver as dúbidas entre vós deixando un comentario acá.

Veña, ánimo. Yes, You can !!

P.D. Tede paciencia, que tarda en cargar !!

lunes, 14 de febrero de 2011

MISHKA ADAMS - God Bless the Child

A un par de meses da aparición do seu segundo disco, apetece recordar o primeiro traballo desta artista filipina. Filla do escritor inglés Michael Adams e da artista visual filipina Agnes Arellano presentou fai 4 anos un disco xenial: God Bless the Child, no que ademais da súa gran voz, destaca a súa faceta como instrumentalista xa que no disco toca a guitarra e o saxo tenor.

O tema que da título ao álbum é unha versión do standard de Billie Holiday. Sempre é difícil para unha adolescente (tiña 22 anos cando sacou este disco)versionear un tema de Billie polo recordo da gran sensibilidade e a dor que encerraba a súa voz, pero o resultado vale a pena:



Tamén se atreve con Summertime, o clásico de George & Ira Gershwim, facendo unha interesante versión que se empapa de Reggae.



Aínda que recoñezo que a miña versión favorita do "Somewhere Over the Rainbow" é a de Eva Cassidy, este cover de Mishka do clásico de Harold Arlen & E. Y. Harburg non a desmerece en absoluto. Sinto que a calidade non sexa moi boa pero é a única versión dispoñible na rede



Pero non todo son versións, o disco tamén contén composicións propias como este "The very thought of you"















Mishka Adams - The Very Thought Of You




Found at The Very Thought Of You on Duck.fm



Ou este outro tema: "Where do we begin?"


E para acabar, un regalo. Se pinchades neste enlace podedes descargar completo o programa de Area Reservada dedicado a Mishka Adams.

viernes, 21 de enero de 2011

VERSIONS - "YOU'VE GOT A FRIEND" (Carole King)

Nesta época de Facebook, na que todo o mundo pode ser amigo teu, é bo recordar aos verdadeiros amigos (eses e esas que sempre están cando os precisas), e se hai unha canción que represente un himno a amizade, esa é "You've got a friend" composto por Carole King en 1971.
É curiosa a historia desta muller. Xunto co seu marido Gerri Goffin, formou unha das parellas compositoras de máis éxito dos anos 60. Firmaron temas como "Will you love me tomorrow" de The Shirelles, "Up on the roof" (The Drifters),
"Don't bring me down" (The animals), "The Locomotion" (Tina Turner), "Keep your hands off my baby" (The Beatles), ou "You make me feel like a natural woman" (Aretha Franklin).
Pero en 1971, Carole King decide dar o salto e sacar un álbum interpretando ela mesma as súas propias cancións, Este álbum (Tapestry", convirtiuse nun dos 10 discos máis vendidos da década dos 70 en boa parte, grazas a este tema.
Esta é a letra en inglés:

YOU'VE GOT A FRIEND
When you're down and troubled
And you need some loving care
And nothing, nothing is going right
Close your eyes and think of me
And soon I will be there
To brighten up even your darkest night

[Chorus]
You just call out my name
And you know wherever I am
I'll come running to see you again
Winter, spring, summer or fall
All you have to do is call
And I'll be there
You've got a friend

If the sky above you
Grows dark and full of clouds
And that old north wind begins to blow
Keep your head together
And call my name out loud
Soon you'll hear me knocking at your door

[Chorus]

Ain't it good to know that you've got a friend?
When people can be so cold
They'll hurt you, and desert you
And take your soul if you let them
Oh, but don't you let them ...


E acá vos deixo a traducción:

Cando esteas fundido e con problemas
e precises unha man amiga
e nada, nada che saia bien
Pecha os ollos e pensa en min
e de contado estarei alí
Para iluminar a túa noite máis escura

[Estribillo]
Só tés que pronunciar o meu nome
E xa sabes que irei alí
Correndo para verche outra vez
Inverno, primavera, verán ou outono
O único que debes facer é chamarme
e alí estarei
Aquí tés un amigo

Se o ceo por riba teu
Ponse escuro e cheo de nubes
E o vello vento do norte empeza a soplar
Mantén a cabeza serena
E grita o meu nome en voz alta
Pronto oirás chamar a túa puerta

[Estribillo]

¿Non é bo saber que tes un amigo?
Cando a xente pode ser tan fría
farante dano e deixarante de lado
Ata te roubarán a alma se te deixas
Pero non lles deixes ...

[Estribillo]


Como sempre, comezamos coa intérprete orixinal. Carole King



A máis famosa das versións é a interpretada por James Taylor:



Esta xa a coñecedes. No post de Dee Dee Bridgewater xa vos falei deste dueto que fai con Mike Hucknall, o ex-solista de Simply Red:




Recén iniciada a súa carreira fóra dos Jackson Five, Michael Jackson grabou este tema nun disco producido pola mítica Motown Records.



Concerto de Divas: Carole King acompañada por Celine Dion, Shania Twain e Gloria Estefan


Unha das miñas favoritas. Atentos a esta versión de Erykah Badu no descanso do partido do All-Star 2010.



Alanis Morissette



Un dos reises do Funky, Barry Manilow, grabou este tema a duo con Melissa Manchester


Ella Fitzgerald tamén fixo un "cover" desta canción no álbum "Ella in London"


The Housemartins


O grupo inglés McFly tamén grabou esta canción como complemento ao seu single "All about you"


Roberta Flack & Donny Hathaway


Esta é a versión que fixo Tom Jones



A cantante israelí Ofra Haza


Emerson Nogueira



Esta versión é da cantante de jazz Stacey Kent



Escoitade esta versión do coro de gospel Deliverance


E por último, un regalo: A imaxe non é moi boa, pero escoitade esta versión de Marusela, compañeira do Leliadoura:

sábado, 15 de enero de 2011

DISCOGRAFÍA COMPLETA: Dayna Kurtz

¿Que podo dicir desta muller que xa non vos teña contado? É dificil escribir un novo post sobre ela sen caer na repetición e non pareza, unha vez máis, que estou escribindo unha declaración de amor incondicional. Se recordades, cando empezamos con esta historia, a honra da primeira entrada foi para ela. Non atopei mellor maneira de abrir isto que con "Love got in the way", porque para min é a voz máis especial, e o talento máis descomunal que hai hoxe en día no mundo da música.
Así que pensei en comentar o seu último disco, pero penso que se merece unha discografía completa. Espero estar á altura e que vos guste a selección, aínda que recoñezo que parto cunha lixeira ventaxa: Hai 7 anos que vos levo comendo a olla con esta muller e cónstame que moitos de vós ides a estar encantados con este post.

A carreira desta muller, arranca a finais dos 90 cun disco en directo chamado "Otherwise Luscious Life" no que xa adianta algúns dos temas que logo formarán parte do repertorio do seu primeiro disco de estudio chamado "Postcards from Downtown" (2003).
Dez cancións propias, nin unha soa versión, marcan un álbum que roza a perfección. Non debería faltar en ningunha discografía.E unha recomendación: Se algunha vez tedes que regalar algo e non sabedes o que, este disco é unha elección perfecta. Se regalades o DVD "Postcards from Amsterdam. Live in Concert" na Sala Paradiso de Amsterdam, entón estarán en deuda eterna con vós.

A 1ª canción xa a coñecedes. "Love got in the way"


Por certo, este vídeo que acabades de ver é un extracto do DVD do que vos falaba antes.

A 2ª canción que vos deixo aquí é "Fred Astaire"


Recuperamos o concerto da sala Paradiso, para escoitar a canción que da título ao álbum


O último tema que imos escoitar deste álbum é "Miss Liberty"


Para o seu segundo disco oficial, Beautiful Yesterday (2004), Dayna acudiu tanto a composicíóns propias como a versións de xente tan distinta como Leonard Cohen, Edith Piaf, Prince ou a mesma Billie Holiday.
O 1º tema que imos escoitar é este cover do "Parlez-moi d'amour" de Edith Piaf. Espectacular.



O disco tamén contén unha revisión do clásico do maestro Leonard Cohen "Everbody knows".


Esta canción é a versión que Dayna fai do tema de Prince, "Joy in Repetition"



"Music Box"


O último tema que vos poño deste disco é "Amsterdan Crown"



O seu terceiro disco chámase "Another Black Feather". Unha vez máis o color da súa voz nos emociona con paisaxes sonoros que exploran outros ritmos.Despois do éxito rotundo dos seus 2 primeiros discos, Dayna sabía que a crítica ía ser moi esixente con ela: 2 bos discos xa non era casualidade, así que a aparición desde terceiro disco xenerou unha gran expectación e iso se convirtiu nun reto para a cantante neoiorquina, que se trasladou a vivir ao deserto de Arizona para atopar a inspiración. Dayna resolveu que ía ser fiel a si mesma e non facer un mero "corta y pega" dos seus 2 primeiros discos, que a bo seguro ía ser un extitazo. Escolleu o camiño máis difícil, e a crítica e as discográficas non llo perdoaron. Pero para os fans, volveu facer outro disco sublime.
A 1ª canción chámase "Venezuela"

A seguinte canción chámase "Banks of the Edisto"


Pero sobre todo, ese disco nos deixará para sempre esta pequena maravilla chamada "Nola". O seu particular tributo a New Orleans


Claro que esta entrada, en vez de chamarse discografía completa de Dayna Kurtz, ben podía chamarse "Como sobrevivir no mundo da música sen ter que vender a túa alma ao demo".
No ano 2010, Dayna saca o seu 4º disco de estudio "American Standard". Saca o disco en Europa e vende ... 900 copias !! (xa 901)e con iso non pode sacar o disco no seu propio país. ¿Por qué? Ese é o prezo de ser independente e non vender a alma. Pero Dayna sigue firmando cousas deliciosas. Déixovos con 4 temas para acabar.
O 1º tema chámase "Invocation".


O seguinte é unha versión dun tema de Elliot Smith chamado "Don't go down"


Un gospel maravilloso composto por ela chamado "You Fine girl"


E por último "Are you dancing with her tonight?"


Pero no disco podedes atopar moito máis: Unha versión dun tema country de Slim Willet, “Lou Lou knows" ou “Here comes a regular”, maravilloso tema dos Replacements.
Pero non abandona a composición propia con temas fascinantes como o rockabily de "Good in 62'" ou o country sureño de "Billboards for Jesus".

miércoles, 12 de enero de 2011

CANCIONS (I) - A ÉPOCA DE ZORBA

Como case sempre que se marcha para navegar, nestes días un amigo común a moitos dos lectores deste blog, pediume que lle gravara música para levar para o barco. A petición contiña unha condición: Música que escoitábamos en "Zorba".
Así que pensei que ese podería ser o nexo de unión para comezar o apartado que Ali suxiriu no post anterior. As 5 cancións deste mes facíanche entender para que carallo servía o botón de "Replay" que tiñas no tocata e teñen que ver coa música "lenta" que escoitabamos en Zorba, e ao mesmo tempo son posiblemente 5 das cancións máis escoitadas no "Musical Cassette". Espero que estes 5 mitos vos traian bos recordos ... e que non vos quedarades estancados escoitando só esa música :-D

A 1ª é Hotel California dos Eagles



a 2ª é a escaleira ao ceo de Jimmy Page e Robert Plant, é dicir, Led Zeppelin:



"Dust in the Wind" de Kansas


Os que me coñecedes dende hai moitos anos, sabedes que a miña debilidade era Stevie Nicks, a cantante de Fleetwood Mac, así que non podía faltar aquí "Sara"



Pero quizás desa época a miña canción favorita segue a ser "Angie" das súas maxestades: