jueves, 23 de junio de 2011

CLARENCE CLEMONS. D.E.P

Non pode ser de outra maneira. Esta entrada ten que ir dedicada ao máis grande (en tódolos sentidos) saxofonista da historia do Rock: Clarence Clemons, "Big Man".
Conta a lenda que se coñeceron nun día chuvioso nun bar de Asbury Park. Springsteen ía tocar alí e de repente entrou un tipo negro enorme no bar preguntando quen era ese tal Springsteen do que todo o mundo falaba. Bruce acudiu acojonado a falar con el, e atopouse que o Gran Home lle pediu tocar o saxo con el. Nunca máis se separaron.

Parodiando a Pep Guardiola, Bruce é o puto xefe porque con el tiña a mellor banda de rock do mundo: Os tipos da rúa E. Pero estes eran a mellor banda porque tiñan ao mellor saxofonista da historia do Rock con eles. Pero xa nunca será o mesmo. Vai a costar escoitar o solo de saxo de "Jungleland" ou escoitar "Tenth Avenue Freeze Out" ou "The ties that bind" nun concerto sen o negro ese de 2 metros e máis de 130 kilos á esquerda de Bruce. Ninguén vai osar ocupar ese lugar porque a súa ausencia notaríase máis que a enormidade da súa presencia.
Vai a ser duro escoitar "Thunder Road" sen ser conscientes da infinita certeza de que unha época acabou. Vai ser duro facerse a idea de que un home tan grande que desprendía tan bo rollo e tanta tenrura, tamén podía xenerar tristeza.









Iso si, onde queira que esté, alí estarán de noraboa porque ademais dun bo saxofonista gañaron un gran Santa Claus:


No recordatorio que se entregou aos invitados ao funeral e que xa circula pola rede, se pode ler a seguinte frase: "Don't cry because it's over: Smile because it happened" (Non chores porque se acabou; Sonríe porque sucedeu). Así que como cantaba Freddy Mercury: The Show must go on: Débovos a outra entrada de rarezas do Boss, pero como vos dicía antes vai ser duro volver a escoitar estas cancións que aquí vos deixei sen Clarence Clemons. Por se acaso, eu vouno facer agora mesmo