martes, 31 de mayo de 2011

BRUCE SPRINGSTEEN: RAREZAS (1)

Como xa dixen nun comentario hai un par de semanas, non vou facer unha discografía completa de Bruce Springsteen neste blog xa que, como me gusta case todo, tardaríamos 6 meses en acabar.
Pero si que vos vou facer un par de regalos en forma de rarezas e duetos do Boss. Se fostedes a algún dos seus concertos, sabedes que sempre deixa algún regalo en forma de versións de clásicos ou duetos con outros artistas
Neste primeiro capítulo vouvos poñer temas de outros artistas (a maioría deles grandes clásicos) versioneados só ou a dúo por este fenómeno.

Non hai mellor maneira de empezar que con este dueto con U2 interpretando "I still haven't found what I'm looking for"


Outro tema que fai pouco puxemos neste blog: "Man on the moon" dos REM coa insestimable axuda do Boss


Con outro grande, John Fogerty, interpretando o gran éxito de Roy Orbison: "Pretty woman"


Enlazando con John Fogerty, atentos a esta versión que fixo Bruce nun concerto en Dublín do clásico da Creedence Clearwater Revival: "Proud Mary"


2 xenios sobre o escenario: Bruce e Chuck Berry cantando o "Johny B. Goode"


Nun concerto en Barcelona, versioneando o Twist and Shout dos Beatles cun meddey de "La Bamba" e ademais facendo un dueto co seu fillo Evan.


Agora nun concerto de Amnistía Internacional cantando a dúo con Sting o "Every Breath you take"


Gran versión en solitario coa acústica de "Blowing in the wind"


Outro clásico de Bob Dylan "Knocking on heaven's door" desta volta coa banda de Wolfgang Niedecken


"I can't help falling in love" de Elvis Presley


Máis Elvis: Non podía faltar o Jailhouse Rock



Outra vez coa banda de Wolfgang Niedecken interpretando agora o "Jumping Jack Flash" dos Rolling Stone


No Hard Rock Calling Festival, deixou esta xoia: Unha versión do "London Calling" de The Clash.


Voltamos aos Beatles, desta volta nun duesto con Axel Rose interpretando "Come Together"



Dueto con Jackson Browne para interpretar "Stay"


E acabo tal e como empecei, con outros dueto con U2 para interpretar este clásico de Curtis Mayfield "People Get Ready"


Para esta vez, non vos queixaredes eh? Espero que vos gustara.

jueves, 19 de mayo de 2011

CATHERINE RUSSELL

Catherine Russell tíñao todo para triunfar. A súa nai era cantante e o seu pai, Luis Russell, era o pianista da banda de Louis Armstrong. Fai cousa de un mes, descubrín este disco "Sentimental Streak" e como pasou con outra diva que non vou nomear xa que todos e todas estades namorados dela neste blog, leva un tempo sonando no meu reproductor sen parar.
Como a maioría destas novas cantantes de jazz, ten poucos prexuízos á hora de escoller estilos ou épocas. Toma prestados temas de aquí e de alá, mesturandoos con outros de producción propia, pero engadindo unha voz potente e "escoitable" en calquera estado de ánimo.

O primeiro tema que vos deixo é "Kitchen man", composta por Bob Brozman e popularizada por un mito do jazz: Bessie Smith.



O seguinte tema chámase "Inside this heart of mine" composto pola propia Catherine


Versioneando un clásico de Frank Sinatra "Can't we be friends?"


Un dos temas que máis me gusta do disco "So little time, so much to do"









"You for me, me for you"







E por último, unha homenaxe a "New Orleans"





martes, 17 de mayo de 2011

R.E.M. DISCOGRAFÍA COMPLETA. 3- A DECADENCIA

E entón quedaron 3. Logo, colapso e confusión.
Dende aquela, os R.E.M. tratan de disimular a ausencia dun dos seus fundadores. Bill Berry non era o lider, nin o principal compositor, nin aparecía nas entrevistas. Só era o batería. E aos que iso lle pareza pouco, recoméndovos que revisedes as biografías de mitos do Rock como Led Zeppelin ou The Who.
A partir de aquí, firman uns cantos discos deses que conteñen 1, 2 cancións ao sumo e parade de contar. O resto para olvidar

O primeiro álbum post-Berry foi "New Adventures in Hi-Fi" (1996). Supoñíase que era unha reivindicación do status de banda indie que tiñan nos seus inicios. Iso si, baixo a renovación de contrato máis cara da historia recente coa Warner Bros. Moi contradictorio.

O máis destacado deste disco é este dueto coa voz sagrada á que adoran os poetas Beat: Patty Smith. A canción chámase "E-bow the letter"´. É unha canción adicada a River Phoenix. Fala sobre drogas e barbitúricos (causantes da morte do actor) e sobre a fama non desexada que persigue a algunhas persoas.



Tamén podemos destacar neste disco a canción "Electrolite", a última canción con destellos do Automatic for the People.



Do seguinte álbum "Up" (1998) só vale a pena recuperar esta canción: "Daysleeper"



No 2001 lanzan "Reveal". Maís do mesmo, a parte deste tema "Imitation of life", non aporta absolutamente nada.



Pero en 2004 co álbum "Around the Sun", conseguiron que fans e crítica estiveran de acordo en proclamalo o peor álbum da historia de REM. Insoportable. Por recuperar algo, o menos malo do disco, é este single homenaxe a New York



En 2008 lanzan "Accelerate" e nun intento por chegar a eses fans desencantados, bótanlles un pulso á compañía discográfica, colgando o disco na páxina web antes de saír no seu formato físico. O disco é unha mínima recuperación con respeto dos anteriores. Poderíamos destacar un par de temas:
O single de presentación foi este "Supernatural superserious" que por fin, nos recordan que nun tempo houbo uns REM máis cañeros:



E tamén me gusta este "Man sized wreath" donde volve sobresaír a guitarra de Peter Buck, despois duns cantos anos agachada detrás dos sintetizadores.



E para acabar, neste ano lanzan o seu último disco "Collapse into now". Leín por ahí que está a altura de "Out of Time" e "Automatic for the people". Na miña opinión, nin de lonxe se acercan a esas 2 obras maestras.
Para empezar, é unha colección de cancións "escoitables", que xa é moito despois do que vos acabo de contar aquí (será que xa perdín a miña fe neles?), pero non ten unha canción redonda como "Losing my Religion" ou "Man on the moon" que quede na nosa memoria para sempre.

O primeiro corte do disco é este "Discoverer"


Un dos temas do que máis se falaba é este "ÜBerlin". Xuzgade vós mesmos:


Aínda que en principio non está proposta como single, probablemente a canción que máis me guste deste último disco sexa esta "Mine smell like honey", pois a min é a que me recorda aos REM da primeira etapa.


Non falta unha balada como nos seus grandes discos, neste caso este "Walk it back"

martes, 3 de mayo de 2011

R.E.M. - DISCOGRAFÍA COMPLETA. 2: O ÉXITO

Na anterior entrada, deixamos a REM recén firmado contrato coa "Warner".
En seguida sacan novo album "Green", e comezan as xiras multitudinarias. Deste disco, quédome con estas 2 cancións:

"Stand", unha canción pop ao estilo dos Talking Head


"Orange Crush". Vietnam, o axente naranxa, o síndrome postraumático que arrastrou a toda unha nación e por suposto, o fantasma do coronel Kurtz.


E o apoxeo chega co disco "Out of time" (1991). 10 millóns de copias vendidas póñenos no mesmo estatus que U2 ou Nirvana.
Por suposto, hai que comezar co seu gran éxito. Unha canción pola que moitas bandas matarían e que por sempre estará no podio das miñas preferidas.
"Losing my religion"


Outro tema destacado foi "Shiny Happy People" Comercialidade sen tapuxos, pero coa colaboración de Kate Pierson dos "B-52"


Pero o mellor estaba por chegar. En 1992 publican "Automatic for the people". A expectación era inmenasa pois neses momentos a banda de Stipe era recoñecida mundialmente e había bastantes críticos afilando os dentes, pois o normal era que despois do éxito de Out of Time, a banda baixara o nivel, o cal a priori convertía ese disco nunha presa fácil.
Basta dicir que o meu admirado Bono calificou este álbum como "o disco máis grande nunca gravado"

Ata 6 singles saíron deste álbum. O primeiro foi "Man on the moon". Unha homenaxe ao cómico Andy Kauffman e a suposta manipulación dos medios coa chegada do home á lua.
A versión que vos deixo acá é unha xoia que moitos seguramente non coñecíades. Un dueto de Sprignsteen e Michael Stipe.



Outro single destacado foi "the Sidewinder sleeps tonite" Unha desas letras raras que só entenden eles, pero cunha melodía moi pegadiza.


A 3ª canción que selecciono deste álbum é probablemente a súa canción máis coñecida despois do losing my religion, "Everybody Hurts"



Unha vez máis as cotas de popularidade eran tan grandes, que fixeron duetos por exemplo con U2. Para o meu gusto, esta é a mellor versión que nunca se fixo da canción "One" dos U2:




Do seguinte álbum "Monster" destaca sobre todo esta canción: "What's the frequency Kenneth?"


Pero se algo os marca, é a morte de Kurt Cobain, ao que lle dedican este tema: "Let me in"


Parten nunha macroxira, e entón ocorre o que marca o principio da decadencia: Bill Berry sufre un aneurisma cerebral mentres daban unha actuación en Lausanna (Suíza)