jueves, 8 de julio de 2010

CALEXICO

O outro día alguén me preguntou que grupo actual "non excesivamente coñecido" escoitaba con máis frecuencia e a miña resposta foi Calexico. Esta banda é orixinaria da cidade fronteriza de Tucson, Arizona. O seu nome, asociación dos terminos California e México, xa nos adianta esa mestura de estilos que tanto me gusta. De feito, algún crítico na rede os define como "unos nuevos Pink Floyd con mariachis". Posúen unha enorme versatilidade musical. As súas composicións van dende o folk, o rock, o country, a canción protesta, os corridos mexicanos, unha impresionante colección de instrumentos nas súas composicións ...
Joey Burns (voz e guitarra) e John Convertino (batería)son a alma de Calexico. Arredor deles vanse xuntando outros músicos para darlle forma aos discos. Ata o de agora publicaron 7 discos de estudio, e todos eles cunha merecida boa crítica porque en Calexico hai valentía, diversidade, orixinalidade e sobre todo intensidade sonora.
Quero recomendarvos especialmente os seus 2 últimos discos "Garden Ruin" e "Carried to dust"´onde abandonan un pouco o tema dos mariachis pero introducen violíns, trombóns, trompetas, contrabaixos ... que fan destes discos un grandioso espectáculo sonoro.
A 1ª canción que vos deixo é de Garden Ruin; chámase "Cruel"



A 2ª canción é do seu último disco. Chámase "Victor Jara's hands". Nesta canción colabora Jairo Zavala (aka DePedro, ex Amparanoia, e ex Vacazul entre outros)



No post anterior vos falaba da súa colaboración no disco de Lizz Wright. En realidade fan e reciben moitas colaboracións. Por exemplo no seu último disco ademais de Jairo Zavala, colaboran Douglas McCombs, Pieta Brown ou Amparo Sánchez (Amparanoia). O que vos deixo aquí é unha versión que fan xunto con Iron and Wine, do clásico dos Rolling, "Wild Horses"


Iron and Wine - Wild Horses









E como propina outra colaboración, desta vez con Charlotte Gainsbourg para interpretar o clásico de Dylan, "just like a woman"

Charlotte Gainsbourg Calexico - Just like a woman









Espero que vos guste

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Si el desierto de Arizona hablase, sonaría así

ALI dijo...

Wuau. Volve a ter choio o Ares

MANOLO dijo...

Encántanme. Por certo, non consigo escoitar a versión de Wild Horses

MANOLO dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
BAUTISTA RAMOS dijo...

Tés razón. É un erro no código que proporciona listengo. Se queredes escoitalo tedes que ir á páxina de listengo (http://listengo.com) e teclear no motor de búsqueda "Calexico - Wild horses"
Síntoo

PEPE dijo...

Grábame eses 2 discos, ou un greatest hits se o prefires. E que non me funciona o Ares. :-)

Cronopias dijo...

Comunicoche que temos un novo compañeiro informático. Bouzán aprobou as opos.
Agora non pidas ti traslado que en dous anos está conosco e as cañas do venres garantizadas.