viernes, 27 de agosto de 2010

THE NEW COVERS BAND

Xa estamos de volta.
Acabou o periodo de desintoxicación das novas tecnoloxías e haberá que cargar as pilas outra vez.
Desta volta, non podía empezar de mellor xeito que presentándovos a un grupo da zona: The new covers band, que versionean temas dos 70, 80 e 90. Se tedes a posibilidade de velos en concerto, por favor queda prohibido perdelo. Son fabulosos.
The new covers band está formado por: Armando Enrique: Voz principal e Percusións
Juan Ciego: Voz e Guitarra. Fernando Peón: Voz e Baixo Eléctrico. Iván Plá: Voz e Batería. Vicente Cacabelos: Voz e Teclados e José Carlos Rial: Técnico de Son.
Ademáis para este bloguero teñen un significado especial, pois Fernando Peón é un ex-alumno do IES leliadoura e ademais Juan Ciego resulta ser o profesor de guitarra do meu fillo Adrián, así que se non lles fago un pouco de propaganda desde este blog vou ter problemas na casa ...
Unha recomendación para os que usades o caralibro. Unídevos á páxina do facebook de The new covers band. Dende alí teredes aceso a novos vídeos (non vos perdades o video das festas da dorna onde interpretan "Still loving you" dos Scorpions), descargas gratuítas en mp3, datas de concerto...
Déixovos con 2 videos. O primeiro é unha versión que fan do "I just call to say I love you" de Stevie Wonder



O 2º é unha versión en español dun dos temas máis grandes de tódolos tempos "Hotel California" dos Eagles

6 comentarios:

MANOLO dijo...

De verdade que son altamente recomendables. Eu fun tamén a velos na inauguración da Gran Vía na Pobra e de verdade que nos fixeron vibrar a todos

ALI dijo...

¿Para cuando un video do teu fillo tocando a guitarra?

BAUTISTA RAMOS dijo...

Ali, xa o intento pero o cabrón non se deixa. Ameazame con denunciarme por uso ilexítimo de dereitos de imaxen, e por uso indebido de imaxes de menores de idade!!

pepe dijo...

Fíxenche caso e entrei na páxina de facebook do grupo, e joder, a versión que fan dos Scorpions é boísima!!!

NEME dijo...

Eu estaba alí no vídeo este das festas da Ascensión ! Gustáronme moito, pero non che sabía eu que eran do Barbansa

ANTONIO dijo...

¿Sabes si la adaptación de la letra al castellano es suya?