sábado, 25 de septiembre de 2010

MADELEINE PEYROUX

Xa sei que me ides abroncar por tardar tanto, así que como compensación hoxe toca discografía completa, neste caso a gran Madeleine Peyroux. Comparada por moitos e con acerto coa gran Billie Holiday, esta cantante, compositora e guitarrista admite como referencia a Eleonora, pero tamén a Bob Dylan, Leonard Cohen, Edith Piaf ou Bessie Smith.
A súa infancia ven marcada polo divorcio de seus pais e o seu traslado a Paris, onde comeza o seu contacto coa música a travás dos músicos do barrio latino. Tras cantar starndars de jazz por todo Europa, o seu debut en solitario é o álbum Dreamland en 1996.
Neste álbum atopamos por exemplo este acercamento a "La Vie en Rose" de Edith Piaf








De todos xeitos moitos de nós tivemos noticias deste disco oito anos máis tarde, no ano 2004 coa publicación dunha obra maestra que non debería faltar en ningunha discografía que se precie: "Careless love" e iso fixo que buscásemos todo o que tiña publicado esta muller
"Carelsss love" é un disco redondo cheo de grandes versións de temas clásicos.
Comecemos por escoitar "Dance me to the end of love" de Leonard Cohen




A esta versión síguelle esta xenial versión dun tema de Bob Dylan, You're gonna make me loneseme when you go



Outro dos temas destacados, en realidade podería poñervos todo o disco, é esta versión deste tema de Hank Williams, "Weary Blues"








Por último, un tema de composición propia: Don't wait too long



O seu terceiro álbum foi Half the perfect world(2006)
A primeira novidade é que desta vez a metade dos temas son orixinais. Se teño que destacar un, a min o que máis me gusta é este; "I'm all-right"


De todos xeitos, non descoida as versións. Escoitade esta versión extraordinaria dun tema do xenial Tom Waits: "(Looking for)The heart of Saturday Night"


Ou este dúo con K.D. Lang do tema River, de Joni Mitchell


Pero eu recoméndovos sobre todo dous temas. O primeiro é esta excepcional versión do tema de Nilson "Everybody's talking"


E para acabar, o tema que pecha o álbum. Unha versión do tema Smile de Charlie Chaplin



E xa chegamos ao seu último álbum polo momento. "Bare Bones" foi publicado en 2009 e marca un punto de inflexión na carreira de Madeleine, pois neste caso tódolos temas son de composición propia.
O primeiro single foi este tema: You can't do me



Outro tema destacado é "Damn the circumstances"


Espero que merecera a pena a espera.

9 comentarios:

MANOLO dijo...

Ooooooooooooooooooooohhhhhhhhhhhhhh

Maravillosa !

Que voz, que cancións ...

Sempre merece a pena esperarte amigo.

ALI dijo...

¡Que sensibilidad!. Ahora entiendo cuando decías que Diana Krall no es ni por asomo, la gran dama del jazz actual. Extraordinaria

Anónimo dijo...

Excelente.
No sabía del último disco, pero de los anteriores están los mejores temas. A mi personalmente solo me falta "La Javanaise"

PEPE dijo...

Vaya, funcionou pagar onte os viños no porto ¿eh? Menos mal. Xa temos decidido presionarche para que alomenos fagas unha entrada cada semana si non vasnos a oír.

NEME dijo...

Tremeda voz. Xa me dirás onde coño descubres estas xoias

MANU dijo...

Creo que a moitos de nós xa nos gravaras o Careless Love, pero que gusto ter todo aquí para non esquecernos desta muller

María dijo...

Fantástico. No words, man.

raquel dijo...

esta é a minha segunda favorita,
estou botando de menos um post com dayna kurtz, com o que me custou aprender a pronunciar o nome...
bicos grande!

BAUTISTA RAMOS dijo...

Raquel, o primeiro post que fixen neste blog foi Dayna Kurtz. Xa sabes que case son o seu representante ;.)