martes, 5 de octubre de 2010

VERSIÓNS - STAND BY ME

A petición dun dos tolos que habitualmente len este blog, de cando en cando poñerei as versións que coñeza dun tema clásico. Para empezar, nada mellor que Stand By Me, que según BMI (Broadcast Music Inc.) foi o temas máis interpretado do século XX. A bo seguro que haberá máis versións deste tema, pero aquí vos deixo unhas cantas.
Stand By Me é un tema composto por Ben E. King xunto con Jerry Leiber e Mike Stoller. A canción está adaptada a partir dun tema gospel do grupo "The Staples Singers". O curioso do caso é que Ben E. King non tiña ningunha intención de publicala, pero durante as sesións de grabación de "Spanish Harlem" o productor preguntoulle se non tiña novo material, e Ben tocou ao piano "Stand by me". De inmediato o productor parou a postproducción e chamou a músicos de sesión para incluír ese tema sen falta.
Esta é a versión orixinal de Ben E. King



Posiblemente a versión máis coñecida sexa a de John Lennon, que grabou unha versión de Stand by me para o álbum Rock'n'Roll do ano 1975, antes de anunciar o seu retiro temporal do mundo da música para adicarlle tempo ao seu fillo Sean.



A seguinte versión é de U2, nun concerto no estadio Rose Bowl en L.A. dentro da xira de 2010 chamada 360º tour



Outra de U2 (vale, xa sei que me perde a pasión). Esta vez no marco da xira do álbum "The Joshua Tree", pero un tanto especial, porque fan un dueto máxico co Boss, o gran Bruce Springsteen








A continuación unha das miñas versións favoritas, os sempre recordados The Fugees



Cambiamos de estilo, esta vez Rockapella







Os grandes do Heavy e do Punk tampouco se resistiron a facer un "cover" desta canción. 2 exemplos, o primeiro unha versión dos míticos Led Zeppelin nun concerto en Osaka.



A 2º versión en plan punk de Green Day nun concerto en Chicago.


Esta é a versión de Seal



A seguinte versión é da gran Tracy Chapman, nun concerto en directo en Turín. A calidade do vídeo non é moi boa, pero a versión é extraordinaria.



Esta é de Andrés Calamaro, cando aínda estaba con Los Rodríguez



Un dueto raro, Lady GaGa e Sting interpretando o Stand By Me no Almay Concert



Outro dueto raro, o grupo Bon Jovi xunto co cantante iraní Andy Madadian, cantando a primeira parte en farsi (lingua oficial iraní) en protesta polas eleccións onde saiu reelexido o presidente iraní Mahmoud Ahmadinejad.



E por último, unha versión que me descubriu Eduardo, un cliente arxentino habitual naquela época en A Cova da Vella, dun grupo indie de Rock Arxentino chamado Sumo. Detrás desta versión hai unha historia tráxica: O último concerto da banda liderada por Luca Prodan foi o 20 de decembro de 1987 na cancha do Club Atlético Los Andes. Tras o bises do rigor, a banda interpretou este cover da canción de Ben E. King. Ao presentala, Luca dixo "Ahí va la última", e así foi, 2 días despois apareceu morto na casa dunha amiga a causa dun paro cardíaco e cunha cirrose irreversible.



Para hoxe xa me cansei. Espero que vos gustara esta idea, así que podedes dicirme que versión é a que máis vos gusta, suxerirme novas cancións para poñer versións ou simplemente mandarme ao carallo. :)

14 comentarios:

MANU dijo...

Gran idea. A min persoalmente a versión que máis me gusta é a de John Lennon.

MIGUEL dijo...

¿Como coño podes controlar todas estas versións? Estás enfermo amijo...
pero pa nos cojonudo ja,ja,ja. O meu voto vai para U2 e Springsteen.

ALI dijo...

Grandes recuerdos. Esta era una de las canciones que indicaban que el camarero de A Cova da Vella ya no ponía más copas. "Todo Dios pa súa casa".
Mi versión preferida es The Fugees. Maravillosa.
Petición para próximos posts: Versiones de "No woman, no cry"

BAUTISTA RAMOS dijo...

JA JA JA. É certo Ali, esta era dunhas cancións de peche máis usadas. O de "No woman, no cry" tereino en conta

Manolo dijo...

Pois a min gustoume a versión de Sumo.

BAUTISTA RAMOS dijo...

Outra anécdota de Sumo. Nunha entrevista con Luca Prodan antes de morrer, preguntáronlle se estimaba a posibilidade de que o grupo se separara. A respota de Luca Prodan foi "Sumo divididos? Las pelotas!".
Cando Luca morreu, a banda separouse en 2 grupos, sabedes como se chamaron? Premio:
Divididos e Las Pelotas

Anónimo dijo...

Creo que también hay una versión de Oasis. Pero todas las que están son muy, muy, muy buenas.

BAUTISTA RAMOS dijo...

Oasis ten unha canción de composición propia que se chama tamén "Stand By Me", pero nada ten que ver coa orixinal de Ben E. King

BAUTISTA RAMOS dijo...

Miguel, e aínda me quedaron unhas cantas por poñer, pero xa estaba cansado. Pero anota, e pon a funcionar o Ares. Ademais das que puxen, podes atopar unha versión de Tina Turner, outra de Stevie Wonder, The Temptations, Lenny Kravitz, Pennywise, e se che gusta unha de Enrique Iglesias, aínda que eu négome a poñelo nin a baixala ...

ALBERTO dijo...

Aínda teño os pelos de punta tras escoitar a versión que puxeches no facebook de U2 e Bruce, e agora esto. Impresionante

PEPE dijo...

Vaia, desta volta chego o último. De verdade Tista, Olé !!!!!
O meu voto vai para a versión de The Fugees. E si, tío, cada vez que podes nos metes a U2 polo medio. Vas ter que facer un post como o de Madeleine Peyroux, unha discografía completa de U2

BAUTISTA RAMOS dijo...

Se fago un post completo de U2, estades lendo e escoitando música 2 días seguidos. Así que mellor os dosifico. :). Por certo, xa sei que a túa canción vai ser Like a Rolling Stone. ¿non?

PEPE dijo...

Tamén me vale, pero seguro que ti tés mellores ideas, así que como me fío (non me queda outra)do teu exquisito gusto musical, pon o que queiras. Por certo, cumpliches co prometido así que Sábado terei que invitar eu aos viños, jajaja

NEME dijo...

Que bo. Un recordo para o gran Eduardo. Témonos pasado horas escoitándoo eh?