Como case sempre que se marcha para navegar, nestes días un amigo común a moitos dos lectores deste blog, pediume que lle gravara música para levar para o barco. A petición contiña unha condición: Música que escoitábamos en "Zorba".
Así que pensei que ese podería ser o nexo de unión para comezar o apartado que Ali suxiriu no post anterior. As 5 cancións deste mes facíanche entender para que carallo servía o botón de "Replay" que tiñas no tocata e teñen que ver coa música "lenta" que escoitabamos en Zorba, e ao mesmo tempo son posiblemente 5 das cancións máis escoitadas no "Musical Cassette". Espero que estes 5 mitos vos traian bos recordos ... e que non vos quedarades estancados escoitando só esa música :-D
A 1ª é Hotel California dos Eagles
a 2ª é a escaleira ao ceo de Jimmy Page e Robert Plant, é dicir, Led Zeppelin:
"Dust in the Wind" de Kansas
Os que me coñecedes dende hai moitos anos, sabedes que a miña debilidade era Stevie Nicks, a cantante de Fleetwood Mac, así que non podía faltar aquí "Sara"
Pero quizás desa época a miña canción favorita segue a ser "Angie" das súas maxestades:
miércoles, 12 de enero de 2011
CANCIONS (I) - A ÉPOCA DE ZORBA
Etiquetas:
Eagles,
Fleetwood Mac,
Kansas,
Led Zeppelin,
Rolling Stones
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
25 comentarios:
Xenial !!!!
Cantos grandes recordos. Tés toda a razón: 5 grandes clásicos que por sempre estarán presentes nas nosas vidas
Que bon! 5 das mellores cancións de tódolos tempos reunidas nunha soa entrada. Iso era música e non o que escoitan hoxe en día os nosos fillos
OLÉÉÉÉÉÉE !!!! Por certo, ao elemento este non había Dios que o sacara a bailar nas lentas...
Bueno Ali, creo que por aquela época había algunha que si o conseguía ...
Tráeme recordos da Gramola do Boavista ou do bar de Praia no instituto, recordades?
Que pena que con lo hermosa que es, la canción de "Angie" esté cortada. Entrada para disfrutar. Dudo que en ningún blog musical (y sigo unos cuantos, te lo aseguro) haya una entrada con 5 de las 10 mejores canciones de todos los tiempos. Enhorabuena
Corregido Silvia, y muchas gracias por los elogios
Eu tamén teño unha petición. Versións de Stairway to heaven, please, please, please, please
Buff, non mo pos nada fácil eh?? Así de repente só se me ocurren 4 ou 5 versións. Tería que investigar o tema para outra ocasión. Pero non te preocupes que para a semana toca outra vez versións e asegúroche que che vai gustar. Pero farei o que poda para máis adiante
ok, pero adiántame aljunha
Das que eu recordo agora, a mellor para min é a versión de Mary J. Blige, que xa fixo unha extraordinaria versión de "One" facendo dueto con Bono
Sen palabras. Levo toda a tarde diante da páxina escoitando MUSICA
Vale, xa temos versión para Stairway to Heaven, así que agora unha para cada unha das outras que puxeches acá
Estamos no mesmo. Estas cancións son tan extremadamente únicas que para o grandes que son hai relativamente pouca xente que se atreva a facer un "cover" desas cancións. Deberías escoitar as versións orixinais sempre. Pero bueno, ahí vai:
De "Hotel California", quédome coa versión de Bob Marley. En canto a "Dust in the wind" buscade e descargade se podedes, unha versión de Scorpions extraordinaria. De "Sara" Ningúen vai superar a Stevie Nicks. A única versión "escoitable" que coñezo é a de Yvonne Walsh. En canto a "Angie", quizás a de Tori Amos poida pasar, pero nin de lonxe se aproxima á orixinal
¿Non se decía que "Angie" estaba adicada á muller de George Harrison?
Non, esa era a "Leyla" de Eric Clapton, outra canción que se merecía estar aquí. Pero non andas desencamiñado, Keith Richards compuso esta canción sobre Angela, a muller de David Bowie.
Por certo, "Stairway to heaven" foi acusada de Satanismo, ¿non?
Exactamente, parece ser que máis ou menos polo medio da canción se a reproducías hacia atrás dicía: "Oh, my sweet Satan, he'll give you 666". Nunca probei a ver se era verdade. Pero Robert Plant sempre dixo que había que ter moito tempo libre para siquera considerar que alguén puidera facer iso
Tamén "Hotel California" foi acusada do mesmo non?
Tamén, tamén ... dicíase que "Hotel California" era o nome dun hotel de San Francisco, e que o seu dono logo fundou alí a iglesia de Satán. Incluso afirmaban que Don Henley compusera alí a canción ....
En fin, a letra según o propio Don Henley ten que ver coa droga e coa adicción ("You can check out any time you like, but you can't never leave"... a xentileza de entrar cando queiras para logo ter dificultades en saír).
Encántame cando te pos didáctico. Impresionante o que tal de cousas aprendemos. Bicos
A min gústame a versión de Stereophonics de "Angie". ¿Que che parece?
La buena música es intemporal. jamás pasarán de moda las grandes canciones. Enhorabuena por el blog, aunque me pierdo con el gallego, la música que dejas aquí es excepcional
Andrés, a min a versión de stereophonics me parece unha vulgar copia da orixinal ... Síntoo
Eva: Bienvenida
Que desexas que nos traian bos recordos dis, a mín sobre todo traenme recordos a primeiras veces, jeje, primeros bailes agarrados, primeiros bicos... e non sigo que este é un blog en horario infantil.
Creo que o Zorba foi moi especial para a xente da nosa zona e da nosa quinta, e a música que alí escoitamos sempre significará moito para todos nós, vamos que de repente acabome de quitar unha chea de anos de encima, sin ter que pasar pola ciruxía plástica.
A verdade é que se nos poñemos a comparar coa música que escoitan os nosos alumnos por exemplo se van a unha discoteca, témonos que sentir moi moi afortunados e privilexiados.
Tista e como che dicía pola mañán non me quedei só no nesa música pero sí que confeso que si me piden unha lista das miñas cancións favoritas de tódolos tempos, estas cinco seguen ocupando na lista o mesmo lugar que hai taitantos anos.
Coma sempre, acertas de pleno ca selección, grazas mil e bicos.
Non se pode explicar mellor. Grazas a ti pola visita
Publicar un comentario