sábado, 15 de enero de 2011

DISCOGRAFÍA COMPLETA: Dayna Kurtz

¿Que podo dicir desta muller que xa non vos teña contado? É dificil escribir un novo post sobre ela sen caer na repetición e non pareza, unha vez máis, que estou escribindo unha declaración de amor incondicional. Se recordades, cando empezamos con esta historia, a honra da primeira entrada foi para ela. Non atopei mellor maneira de abrir isto que con "Love got in the way", porque para min é a voz máis especial, e o talento máis descomunal que hai hoxe en día no mundo da música.
Así que pensei en comentar o seu último disco, pero penso que se merece unha discografía completa. Espero estar á altura e que vos guste a selección, aínda que recoñezo que parto cunha lixeira ventaxa: Hai 7 anos que vos levo comendo a olla con esta muller e cónstame que moitos de vós ides a estar encantados con este post.

A carreira desta muller, arranca a finais dos 90 cun disco en directo chamado "Otherwise Luscious Life" no que xa adianta algúns dos temas que logo formarán parte do repertorio do seu primeiro disco de estudio chamado "Postcards from Downtown" (2003).
Dez cancións propias, nin unha soa versión, marcan un álbum que roza a perfección. Non debería faltar en ningunha discografía.E unha recomendación: Se algunha vez tedes que regalar algo e non sabedes o que, este disco é unha elección perfecta. Se regalades o DVD "Postcards from Amsterdam. Live in Concert" na Sala Paradiso de Amsterdam, entón estarán en deuda eterna con vós.

A 1ª canción xa a coñecedes. "Love got in the way"


Por certo, este vídeo que acabades de ver é un extracto do DVD do que vos falaba antes.

A 2ª canción que vos deixo aquí é "Fred Astaire"


Recuperamos o concerto da sala Paradiso, para escoitar a canción que da título ao álbum


O último tema que imos escoitar deste álbum é "Miss Liberty"


Para o seu segundo disco oficial, Beautiful Yesterday (2004), Dayna acudiu tanto a composicíóns propias como a versións de xente tan distinta como Leonard Cohen, Edith Piaf, Prince ou a mesma Billie Holiday.
O 1º tema que imos escoitar é este cover do "Parlez-moi d'amour" de Edith Piaf. Espectacular.



O disco tamén contén unha revisión do clásico do maestro Leonard Cohen "Everbody knows".


Esta canción é a versión que Dayna fai do tema de Prince, "Joy in Repetition"



"Music Box"


O último tema que vos poño deste disco é "Amsterdan Crown"



O seu terceiro disco chámase "Another Black Feather". Unha vez máis o color da súa voz nos emociona con paisaxes sonoros que exploran outros ritmos.Despois do éxito rotundo dos seus 2 primeiros discos, Dayna sabía que a crítica ía ser moi esixente con ela: 2 bos discos xa non era casualidade, así que a aparición desde terceiro disco xenerou unha gran expectación e iso se convirtiu nun reto para a cantante neoiorquina, que se trasladou a vivir ao deserto de Arizona para atopar a inspiración. Dayna resolveu que ía ser fiel a si mesma e non facer un mero "corta y pega" dos seus 2 primeiros discos, que a bo seguro ía ser un extitazo. Escolleu o camiño máis difícil, e a crítica e as discográficas non llo perdoaron. Pero para os fans, volveu facer outro disco sublime.
A 1ª canción chámase "Venezuela"

A seguinte canción chámase "Banks of the Edisto"


Pero sobre todo, ese disco nos deixará para sempre esta pequena maravilla chamada "Nola". O seu particular tributo a New Orleans


Claro que esta entrada, en vez de chamarse discografía completa de Dayna Kurtz, ben podía chamarse "Como sobrevivir no mundo da música sen ter que vender a túa alma ao demo".
No ano 2010, Dayna saca o seu 4º disco de estudio "American Standard". Saca o disco en Europa e vende ... 900 copias !! (xa 901)e con iso non pode sacar o disco no seu propio país. ¿Por qué? Ese é o prezo de ser independente e non vender a alma. Pero Dayna sigue firmando cousas deliciosas. Déixovos con 4 temas para acabar.
O 1º tema chámase "Invocation".


O seguinte é unha versión dun tema de Elliot Smith chamado "Don't go down"


Un gospel maravilloso composto por ela chamado "You Fine girl"


E por último "Are you dancing with her tonight?"


Pero no disco podedes atopar moito máis: Unha versión dun tema country de Slim Willet, “Lou Lou knows" ou “Here comes a regular”, maravilloso tema dos Replacements.
Pero non abandona a composición propia con temas fascinantes como o rockabily de "Good in 62'" ou o country sureño de "Billboards for Jesus".

17 comentarios:

MANOLO dijo...

É maravillosa!!
Xunto con Cassandra Wilson, o teu gran descubrimento. E si, estou de testigo do tempo que levas dando a vara coa tal Dayna Kurtz

ALI dijo...

Desde logo é todo un descubrimento. Levo toda a tarde de "Love got in the way" para "Parlez-moi d'amour" e non me canso. Vaia voz

ALI dijo...

Por certo, gústame a nova organización por etiquetas. É mais fácil para recordar todas esas maravillas que nos descubriches.
Gracias !!!

NEME dijo...

Sen palabras. Como unha muller así non ten o recoñecemento mediático que se merece? Fabulosa

PEPE dijo...

2 Entradas nunha semana? Esto haino que celebrar, mañán invito eu aos viños

SILVIA dijo...

Sencillamente genial. El lunes prometo comprarme todo lo que vea de Dayna.

ANDRÉS dijo...

A min pásame o mesmo que a Ali. Levo toda a tarde prendado de "Love got in the way" e de "Joy in repetition". Que pasada de muller. E ben que se merecía a homenaxe que acabas de darlle.

EVA dijo...

En deuda estamos contigo los lectores de este blog. Que espectáculo de entrada, y sobre todo, que espectáculo de artista. IMPRESIONANTE !!!!

MANU dijo...

A min tamén me gusta a nova organización a través de etiquetas. É como ter toda a música a un click de ratón

Anónimo dijo...

Está ben . Pero de ahí a que sexa o maior talento da actualidade media un abismo

ALBERTO dijo...

Xa que criticas, da a cara e non firmes como anónimo.
Eu quédome con "Fred Astaire". me parece deliciosa

PEPE dijo...

Por certo, comernos a olla coa muller esta? Joder, si hasta nos berrabas si pronunciábamos mal o nombre

Anónimo dijo...

Esta muy trabajada tu entrada. Me ha gustado mucho

MANOLO dijo...

Non son capaz de atopar este novo disco. Please ...

ALBERTO dijo...

Eu tampouco, tamén please ...

BAUTISTA RAMOS dijo...

Xa da a vida que os da Sociedá de Gilipollas que Actúan en España non se pasan por aquí, que si non levávabos presos a tós

ALBERTO dijo...

Quenes, Eduardín y Monchito? Que veñan, que veñan ...