Nesta época de Facebook, na que todo o mundo pode ser amigo teu, é bo recordar aos verdadeiros amigos (eses e esas que sempre están cando os precisas), e se hai unha canción que represente un himno a amizade, esa é "You've got a friend" composto por Carole King en 1971.
É curiosa a historia desta muller. Xunto co seu marido Gerri Goffin, formou unha das parellas compositoras de máis éxito dos anos 60. Firmaron temas como "Will you love me tomorrow" de The Shirelles, "Up on the roof" (The Drifters),
"Don't bring me down" (The animals), "The Locomotion" (Tina Turner), "Keep your hands off my baby" (The Beatles), ou "You make me feel like a natural woman" (Aretha Franklin).
Pero en 1971, Carole King decide dar o salto e sacar un álbum interpretando ela mesma as súas propias cancións, Este álbum (Tapestry", convirtiuse nun dos 10 discos máis vendidos da década dos 70 en boa parte, grazas a este tema.
Esta é a letra en inglés:
YOU'VE GOT A FRIEND
When you're down and troubled
And you need some loving care
And nothing, nothing is going right
Close your eyes and think of me
And soon I will be there
To brighten up even your darkest night
[Chorus]
You just call out my name
And you know wherever I am
I'll come running to see you again
Winter, spring, summer or fall
All you have to do is call
And I'll be there
You've got a friend
If the sky above you
Grows dark and full of clouds
And that old north wind begins to blow
Keep your head together
And call my name out loud
Soon you'll hear me knocking at your door
[Chorus]
Ain't it good to know that you've got a friend?
When people can be so cold
They'll hurt you, and desert you
And take your soul if you let them
Oh, but don't you let them ...
E acá vos deixo a traducción:
Cando esteas fundido e con problemas
e precises unha man amiga
e nada, nada che saia bien
Pecha os ollos e pensa en min
e de contado estarei alí
Para iluminar a túa noite máis escura
[Estribillo]
Só tés que pronunciar o meu nome
E xa sabes que irei alí
Correndo para verche outra vez
Inverno, primavera, verán ou outono
O único que debes facer é chamarme
e alí estarei
Aquí tés un amigo
Se o ceo por riba teu
Ponse escuro e cheo de nubes
E o vello vento do norte empeza a soplar
Mantén a cabeza serena
E grita o meu nome en voz alta
Pronto oirás chamar a túa puerta
[Estribillo]
¿Non é bo saber que tes un amigo?
Cando a xente pode ser tan fría
farante dano e deixarante de lado
Ata te roubarán a alma se te deixas
Pero non lles deixes ...
[Estribillo]
Como sempre, comezamos coa intérprete orixinal. Carole King
A máis famosa das versións é a interpretada por James Taylor:
Esta xa a coñecedes. No post de Dee Dee Bridgewater xa vos falei deste dueto que fai con Mike Hucknall, o ex-solista de Simply Red:
Recén iniciada a súa carreira fóra dos Jackson Five, Michael Jackson grabou este tema nun disco producido pola mítica Motown Records.
Concerto de Divas: Carole King acompañada por Celine Dion, Shania Twain e Gloria Estefan
Unha das miñas favoritas. Atentos a esta versión de Erykah Badu no descanso do partido do All-Star 2010.
Alanis Morissette
Un dos reises do Funky, Barry Manilow, grabou este tema a duo con Melissa Manchester
Ella Fitzgerald tamén fixo un "cover" desta canción no álbum "Ella in London"
The Housemartins
O grupo inglés McFly tamén grabou esta canción como complemento ao seu single "All about you"
Roberta Flack & Donny Hathaway
Esta é a versión que fixo Tom Jones
A cantante israelí Ofra Haza
Emerson Nogueira
Esta versión é da cantante de jazz Stacey Kent
Escoitade esta versión do coro de gospel Deliverance
E por último, un regalo: A imaxe non é moi boa, pero escoitade esta versión de Marusela, compañeira do Leliadoura:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
14 comentarios:
Creo que repetiches o vídeo de Ella Fitzgerald 2 veces. Enorme esta entrada AMIGO. Nós si que "got a friend"
Tés razón. Xa o correxín
Tista, you've got many friends and we all love you. (Espero que estea ben:-) )
Perfect Ali, thank you very much
Oh, impresionantes as versións de Erykah Badu e Stacey Kent
Joder macho, traballas nun instituto de artistas. Vaia voz que ten a túa compañeira
Acabo de entrar en este blog gracias a McFly que es mi grupo favorito, y me parece relindo.
Desde logo, esta é unha das cancións máis fermosas de todos os tempos
Por certo, xa o dixen a outra vez pero insisto: A min me parece espectacular o dueto de Dee Dee e o pelirrojo
Por favor, necesitamos saber más cosas de Erykah Badu y Stacey Kent. Que voces !!
Estou de acordo con Pepe. Que voz ten a túa compañeira. Pero a versión que máis me chegou foi a de Ella Fitzgerald
Esta é unha das cancións máis grandes de todos os tempos
Encántame a versión do coro gospel Como mola
Para os que temos taitantos anos, esta canción sempre pertenecerá á banda sonora das nosas vidas. Gracias por recordárnosla
Publicar un comentario