lunes, 21 de febrero de 2011

XOGO MUSICAL

Canto sabes da música dos 80?
Ben, pica neste enlace para demostrar os teus coñecementos. Hai 4 niveis. Os 2 primeiros son de música española dos 80 e os outros 2 música en inglés. Para resolver a actividade simplemente preme no reproductor e pon o nome do grupo , deixas un espazo, guión (-) e o nome da canción. Ex. U2 - WITH OR WITHOUT YOU
Un par de aclaracións:
- ESCRIBE O NOME DO GRUPO E A CANCIÓN EN MAIÚSCULAS
- NON USES TILDES

A vindeira semana deixarei un comentario coas solucións. Mentres tanto, podedes resolver as dúbidas entre vós deixando un comentario acá.

Veña, ánimo. Yes, You can !!

P.D. Tede paciencia, que tarda en cargar !!

42 comentarios:

ALI dijo...

Non se me ve o reproductor na páxina que pon "nivel 1". ¿Que fago mal?

PEPE dijo...

A min tampouco

MANOLO dijo...

Nin a min. Que putada por que polo que sei tiña unha pinta cojonuda

ALBERTO dijo...

A min dábame un erro, pero coa flecha pasei á seguinte actividade e co nivel 2 si que funcionaba

BAUTISTA RAMOS dijo...

Tarda un rato (xa o avisei) pero eu conseguín ver o nivel 1

PEPE dijo...

Hai algo mal, estou seguro que a canción de el pistolero e de pistones e non me vai !!!! HELP !!!

SILVIA dijo...

Yo tengo el mismo problema con el pistolero !!

BAUTISTA RAMOS dijo...

Investigade, xa que o nome "real" do grupo non é "pistones" senón ...

ALI dijo...

Eu conseguín chegar ao nivel 2, pero ten que haber un erro na canción de Antonio Flores, e aseguroche que o escribo en maiúsculas e sen acentos

BAUTISTA RAMOS dijo...

FE DE ERRATAS:
Por esa extraña asociación de ideas que ás veces se mesturan neste cerebriño que deus me deu, cando fixen a actividade colleume cantando a canción de Antonio Flores, e en lugar de poñer o título exacto "NO DUDARÍA" puxen o comezo da canción. Así que se poñedes "SI PUDIERA" déixavos pasar á seguinte
MIL DISCULPAS !!!!!!!!!!!

MANU dijo...

Por favor, non teño nin idea da número 4 do nivel 2. Que alguén me axude !!

Anónimo dijo...

NO ME DA POR VÁLIDO "LA UNIÓN"

BAUTISTA RAMOS dijo...

Querido anónimo/a: Debes escribir en mayúsculas y sin acentos. NOMBRE DEL GRUPO - NOMBRE DE LA CANCION

SILVIA dijo...

La 4 es OBJETIVO BIRMANIA
La canción pensé que se llamaba al borde del mar, pero resulta que es "DESIDIA"
Por cierto, la canción número 5 no me coge "FAI UN SOL DE CARALLO"

ALI dijo...

Silvia, tengo el mismo problema que tu. Necsitamos axuda chicos !!

ALBERTO dijo...

A min me pasa o mesmo

NEME dijo...

Acabo de empezar aínda pero mirade en internet porque me parece que a canción dos resentidos ten outro título

PEPE dijo...

Non dou sacado a canción 7 do nivel 2. Alguén me pode axudar ??

ALI dijo...

Eu tampouco sei cal pode ser a 7

BAUTISTA RAMOS dijo...

Se estades así coas cancións en español, cando cheguedes ás inglesas pedides "papas" ...

Ánimo

Hipatia dijo...

Tista, podo dar pistas para a 7 do nivel 2? Supoño que sí, este grupo a pesar de que nesta cancion "suspendían" noutro momento quixeron acadar a santidade.

Hipatia dijo...

Perdón, quixen dicir "non suspendían".

Eu estou no nivel 4, pero ahí non dou pasado da 3, creo que o deixo para mañá.

Moitas grazas polo xogo Tista, xenial coma sempre.

BAUTISTA RAMOS dijo...

FE DE ERRATAS (2)
Chus, na canción 3 do nivel 4, teño un pequeno erro (ao mellor é por iso que non a sacas). No título da canción a primeira palabra que tedes que escribir é PUT, cando en realidade debería ser POUR.

Prometo que co próximo xogo terei máis coidado !!!

PEPE dijo...

Hipatia, gracias pola axuda. Por fín, saio da canción 7. Creo que mañán seguirei intentándoo tamén

BAUTISTA RAMOS dijo...

Por certo, case mellor que fagades como Neme ou Hipatia. É mellor que deades pistas para a solución antes que a propia solución. Currádeo un pouquiño oh!

PEPE dijo...

Algunha axuda para a última canción do 2º nivel ??

Hipatia dijo...

Pepe, os pais destes por fin consiguiron que se foran da casa, aínda que daquela maneira.

ALBERTO dijo...

Quen tivera a sorte dos señores Malla !!!

SILVIA dijo...

En el nivel 3, la 1ª canción es de AC-DC segurísimo, pero ¿como escribo el nombre del grupo para que me la dea por válida? Os advierto que incluso he intentado averiguar cual es el símbolo del teclado numérico correspondiente al rayo que aparece en el nombre del grupo y nada

Anónimo dijo...

Silvia, si buscas en internet, aparece escrito del modo en que te permite solucionarla

SILVIA dijo...

Gracias

SILVIA dijo...

Gracias

TONY dijo...

estou atrancado na número 7 do nivel 3. Que alguén me axude porfa
De todos xeitos deixoo ata mañán. Esto é demasiado vicioso ...

NEME dijo...

TONY, o cantante deste grupo comparte algo co fillo pequeno do caradura que nos ten acá enganchados a este xogo e reíndose da nosa incultura musical.

ALI dijo...

aHHHHHHH, xa estou no nivel 4 pero levo 1 hora coa canción 2 e sei que a escoitamos mil veces pero non son capaz.

MANU dijo...

Tamén eu estou atrancado na 2 do 4

BAUTISTA RAMOS dijo...

Veña, va ...
Unha pista fácil.
Desta canción fan unha versión en español os "Celtas Cortos" nun disco que sacaron a finais do ano pasado.

NEME dijo...

canción 3, nivel 4
Deixade algunha pista porfa

Anónimo dijo...

Eu tamén estou na canción 3 dese último nivel

BAUTISTA RAMOS dijo...

Vexamos ...
Este grupo heavy inglés orixinalmente pretendían chamarse (traducido do inglés) "Leopardo xordo", pero como ese título pegaba máis ben coa ideoloxía punky da época decidiron alterar a ortografía para chamarse do xeito que os fixo mundialmente famosos

manu dijo...

Estou empatanado na penúltima !!

SILVIA dijo...

Yo también