lunes, 11 de abril de 2011

R.E.M. Discografía completa. 1.- Os anos Indie

Esta mítica banda americana nacida en Athens, no estado sureño de Georgia en 1.980, foi a pionera do chamado Rock Alternativo.
Michael Stipe e Peter Buck coñecéronse na tenda de música que rexentaba este último. Stipe era un comprador compulsivo dos discos de Patty Smith e da Velvet Underground polo que se deron conta da afinidade que había entre eles. Decidiron formar un grupo e para iso liaron a outros 2 amigos: Mike Mills e Bill Berry.

O seu primeiro concerto foi baixo o nome de "Twisted Kites" nunha igrexa en Athens, pero Stipe elixiu a palabra R.E.M. (Rapid Eye Movement) unha fase do sono. Nese concerto, a banda coñeceu a Jefferson Holt, quen se convertiría no manager do grupo

No seguinte ano e medio, a banda fixo unha xira por todo o sur do país tocando versións de diferentes grupos. Nese tempo Peter Buck comenzou a desenvolver o seu distintivo xeito de tocar a guitarra e Stipe a escribir as súas primeiras letras, sempre enigmáticas e escuras. No verán de 1.981 o grupo grabou o seu primeiro single "Radio Free Europe" que destila rabia punk. Foi grabado como cara B de outra canción chamada "Sitting Still" no estudio caseiro dun amigo. Sorprendentemente o sencillo convertiuse nun éxito inmediato nas radios independentes que tiñan a súa vez unha enorme influencia en colexios e escolas de todo o sur, ata tal punto que o prestixioso periódico New York Times considerouna como unha das 10 mellores cancións de ese ano. As letras indescifrables de Stipe, a súa distintiva voz, e ese son sureño tan típico comezaban a súa andadura.
Gracias a iso, selos independentes de maior tamaño se interesaron en R.E.M. Firmaron un contrato con I.R.S. Records, e así comeza a súa andadura.
O primeiro álbum de estudio "Murmur" foi lanzado no ano 1.983. O disco obtivo un apoio enorme por parte do público e da crítica. Sen ir máis lonxe, a biblia dos amantes da música, a revista Rolling Stone considerou a "Murmur" o mellor álbum dese ano. Sabedes cal quedou 2º? Un tal "Synchronicyty" dos Police.
A primeira canción entón non pode ser outra que o Radio Free Europe.


Un ano mais tarde sacan o seu 2º disco: "Reckoning". Para o meu gusto, a canción máis destacada é este medio tempo chamado "So. Central Rain"



Para o terceiro álbum "Fables of the Reconstruction" foron a grabar ao Reino Unido.
Quizás da gloriosa primeira época dos REM sexa o peor álbum pero aínda así nos deixan 2 temas fantásticos:
Este tema chámase "Wendell Gee"



e sobre todos "Driver 8"


E en 1986 chega a gran explosión con "Life's rich pageant" un disco máis optimista, un chisco máis pop, e sobre con himnos ecoloxistas como este:
Cuyahoga é o nome dun río situado ao noreste do estado de Ohio. O nome deste río procede dos indios americanos, e literalmente quere dicir "Río torcido". Dito río foi obxecto dunha enorme contaminación, polo vertido de productos tóxicos no seu cauce, ata o punto que comezou a ser coñecido como o "río vermello"



Tamén empezan a aparecer cancións de crítica social como esta "Flowers of Guatemala". Dende a época de Eisenhower a CIA apoiou a uns cantos tiranos que gobernaban en Guatemala. As flores son as que adornan as tumbas dos máis de 100.000 campesiños guatemaltecos asasinados durante as distintas dictaduras.



Pero o gran hit deste álbum foi este "Fall on me". Déixovos unha versión con subtítulos en castelán.



En 1.987 aparecen 2 álbumes. O primeiro foi "Dead Letter Office"
A canción máis destacada aquí é Crazy



Pero a finais dese ano, sacan un novo disco "Document" que anuncia o final do contrato con I.R.S
Igual que con Life's Rich Pageant, este é un disco redondo para dar por finiquitada esa etapa.

O 1º single foi este "The One I Love", do que vos deixo unha versión acústica:


Siguen criticando ao réxime de Ronald Reagan, con este tema : "Finest worksong"


Pero sobre todo destaca este "It's the end of the world as we know it". Puro REM



E chega o contrato coa Warner. ... Algúns os acusaron de perder os seus principios, e eles responderon que o único que perderon foi a súa relixión.
Pero eso pertence ao capítulo 2 da discografía de REM

10 comentarios:

NEME dijo...

Xa pensei que o Tsunami ese, arrasara coa cova de Juan Rei tamén!!!

MIGUEL dijo...

Vaia por diante que non coñezo a ninguén mellor para narrar a historia de REM.Cando todo o mundo os empezaba a coñecer por Losing my Religion, xa nos comías a cabeza con algunhas das cancións que aparecen aquí. Pero amigo, se estes che levan 2 ou 3 capítulos, cando fagas algo de U2 temos para un ano

MANOLO dijo...

Non teremos que esperar un més para o seguinte post non?

PEPE dijo...

Digo eu. Xa me cansei de oír aos Celtas Cortos

ALI dijo...

Espero que incluyas una versión muy especial que tu me descubriste, de una de nuestras canciones favoritas

ALBERTO dijo...

Canta razón tés Miguel. Recordo que bastante antes do "losing my religion" este individuo xa pinchaba algunhas destas cancións no Luna en Ribeira

BAUTISTA RAMOS dijo...

Manolo, non te preocupes que para a primeiros da semana que ven está a 2ª parte de REM.

BAUTISTA RAMOS dijo...

Ali, por suposto que non vou deixar de poñer a mellor versión que coñezo dunha das cancións máis grandes que se escribiron "One" da banda máis especial do mundo mundial: U2.

SILVIA dijo...

Yo que daba el blog por desaparecido ... y regresas con mi banda favorita.
Que grande Michael Stipe. Anhelo escuchar pronto tu selección de la época de la warner.

SANTY dijo...

Que che parece o último disco?