martes, 31 de mayo de 2011

BRUCE SPRINGSTEEN: RAREZAS (1)

Como xa dixen nun comentario hai un par de semanas, non vou facer unha discografía completa de Bruce Springsteen neste blog xa que, como me gusta case todo, tardaríamos 6 meses en acabar.
Pero si que vos vou facer un par de regalos en forma de rarezas e duetos do Boss. Se fostedes a algún dos seus concertos, sabedes que sempre deixa algún regalo en forma de versións de clásicos ou duetos con outros artistas
Neste primeiro capítulo vouvos poñer temas de outros artistas (a maioría deles grandes clásicos) versioneados só ou a dúo por este fenómeno.

Non hai mellor maneira de empezar que con este dueto con U2 interpretando "I still haven't found what I'm looking for"


Outro tema que fai pouco puxemos neste blog: "Man on the moon" dos REM coa insestimable axuda do Boss


Con outro grande, John Fogerty, interpretando o gran éxito de Roy Orbison: "Pretty woman"


Enlazando con John Fogerty, atentos a esta versión que fixo Bruce nun concerto en Dublín do clásico da Creedence Clearwater Revival: "Proud Mary"


2 xenios sobre o escenario: Bruce e Chuck Berry cantando o "Johny B. Goode"


Nun concerto en Barcelona, versioneando o Twist and Shout dos Beatles cun meddey de "La Bamba" e ademais facendo un dueto co seu fillo Evan.


Agora nun concerto de Amnistía Internacional cantando a dúo con Sting o "Every Breath you take"


Gran versión en solitario coa acústica de "Blowing in the wind"


Outro clásico de Bob Dylan "Knocking on heaven's door" desta volta coa banda de Wolfgang Niedecken


"I can't help falling in love" de Elvis Presley


Máis Elvis: Non podía faltar o Jailhouse Rock



Outra vez coa banda de Wolfgang Niedecken interpretando agora o "Jumping Jack Flash" dos Rolling Stone


No Hard Rock Calling Festival, deixou esta xoia: Unha versión do "London Calling" de The Clash.


Voltamos aos Beatles, desta volta nun duesto con Axel Rose interpretando "Come Together"



Dueto con Jackson Browne para interpretar "Stay"


E acabo tal e como empecei, con outros dueto con U2 para interpretar este clásico de Curtis Mayfield "People Get Ready"


Para esta vez, non vos queixaredes eh? Espero que vos gustara.

13 comentarios:

ALI dijo...

wuahhhhhhh.
QUE PASADAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA

THANK YOU

BAUTISTA RAMOS dijo...

My pleasure

ALBERTO dijo...

Fabulosa entrada !!
Para cando a 2ª parte ???
Non tardes, please

BAUTISTA RAMOS dijo...

Buff, de momento disfruta desta, e xa veremos a 2ª parte.
Aínda estou recopilando cancións, pois a 2ª parte vai ir outra vez de duetos pero desta volta interpretando cancións do propio Bruce

SILVIA dijo...

Eres un crack

Anónimo dijo...

Parabéns por esta maravilla de blog. Como dicía alguén fai unhas semanas, quen lles derá a algúns que van de gurús da música. Que se pasen por acá e aprendan un pouco

PEPE dijo...

Espectacular o primeiro video, vaia par de cracks

Anónimo dijo...

xenial

EVA dijo...

PORFA, PLEASE.... Para cando outro xogo musical??

BAUTISTA RAMOS dijo...

Seguramente en canto comece o verán teredes un xogo de música dos 90 para rompervos un pouquiño a cabeza

MANU dijo...

Para cando outra entrada de versións??

NEME dijo...

IM-PRE-SIO-NAN-TEEEEE

JUAN dijo...

Acabo de entrar por un comentario dun amigo no Facebook sobre este blogue, e xa che teño incluído en favoritos. Noraboa