Catherine Russell tíñao todo para triunfar. A súa nai era cantante e o seu pai, Luis Russell, era o pianista da banda de Louis Armstrong. Fai cousa de un mes, descubrín este disco "Sentimental Streak" e como pasou con outra diva que non vou nomear xa que todos e todas estades namorados dela neste blog, leva un tempo sonando no meu reproductor sen parar.
Como a maioría destas novas cantantes de jazz, ten poucos prexuízos á hora de escoller estilos ou épocas. Toma prestados temas de aquí e de alá, mesturandoos con outros de producción propia, pero engadindo unha voz potente e "escoitable" en calquera estado de ánimo.
O primeiro tema que vos deixo é "Kitchen man", composta por Bob Brozman e popularizada por un mito do jazz: Bessie Smith.
O seguinte tema chámase "Inside this heart of mine" composto pola propia Catherine
Versioneando un clásico de Frank Sinatra "Can't we be friends?"
Un dos temas que máis me gusta do disco "So little time, so much to do"
"You for me, me for you"
E por último, unha homenaxe a "New Orleans"
jueves, 19 de mayo de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Que pasadaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
Tremenda voz !! Insisto, de onde carallo as sacas?
Noraboa, boísima.
Wow !! Hala, o Ares a botar fume !!
Nada que engadir aos comentarios anteriores. Só darche as gracias por este maravilloso blog, e por descubrirnos unha cantidade de xoias tal. Pasa a ser a miña favorita xunto con Cassandra.
No comment ! Quedeime prendado da voz desta muller
A cuenta de la música que pones, no me quedará otra que aprender gallego, pues la música que pones no entiende de idiomas. Basta con cerrar los ojos y disfrutar. Enhorabuena
Bravo!!!!!!
Fantástica. Quero ese disco completo !!
Estou de acordo con outro comentario. Xunto con Cassandra Wilson, os 2 grandes descubrimentos deste blog
Publicar un comentario