martes, 3 de mayo de 2011

R.E.M. - DISCOGRAFÍA COMPLETA. 2: O ÉXITO

Na anterior entrada, deixamos a REM recén firmado contrato coa "Warner".
En seguida sacan novo album "Green", e comezan as xiras multitudinarias. Deste disco, quédome con estas 2 cancións:

"Stand", unha canción pop ao estilo dos Talking Head


"Orange Crush". Vietnam, o axente naranxa, o síndrome postraumático que arrastrou a toda unha nación e por suposto, o fantasma do coronel Kurtz.


E o apoxeo chega co disco "Out of time" (1991). 10 millóns de copias vendidas póñenos no mesmo estatus que U2 ou Nirvana.
Por suposto, hai que comezar co seu gran éxito. Unha canción pola que moitas bandas matarían e que por sempre estará no podio das miñas preferidas.
"Losing my religion"


Outro tema destacado foi "Shiny Happy People" Comercialidade sen tapuxos, pero coa colaboración de Kate Pierson dos "B-52"


Pero o mellor estaba por chegar. En 1992 publican "Automatic for the people". A expectación era inmenasa pois neses momentos a banda de Stipe era recoñecida mundialmente e había bastantes críticos afilando os dentes, pois o normal era que despois do éxito de Out of Time, a banda baixara o nivel, o cal a priori convertía ese disco nunha presa fácil.
Basta dicir que o meu admirado Bono calificou este álbum como "o disco máis grande nunca gravado"

Ata 6 singles saíron deste álbum. O primeiro foi "Man on the moon". Unha homenaxe ao cómico Andy Kauffman e a suposta manipulación dos medios coa chegada do home á lua.
A versión que vos deixo acá é unha xoia que moitos seguramente non coñecíades. Un dueto de Sprignsteen e Michael Stipe.



Outro single destacado foi "the Sidewinder sleeps tonite" Unha desas letras raras que só entenden eles, pero cunha melodía moi pegadiza.


A 3ª canción que selecciono deste álbum é probablemente a súa canción máis coñecida despois do losing my religion, "Everybody Hurts"



Unha vez máis as cotas de popularidade eran tan grandes, que fixeron duetos por exemplo con U2. Para o meu gusto, esta é a mellor versión que nunca se fixo da canción "One" dos U2:




Do seguinte álbum "Monster" destaca sobre todo esta canción: "What's the frequency Kenneth?"


Pero se algo os marca, é a morte de Kurt Cobain, ao que lle dedican este tema: "Let me in"


Parten nunha macroxira, e entón ocorre o que marca o principio da decadencia: Bill Berry sufre un aneurisma cerebral mentres daban unha actuación en Lausanna (Suíza)

15 comentarios:

ALI dijo...

Que gran versión de One !!

ALBERTO dijo...

Encántame a versión de One pero tamén o dueto con Springsteen

PEPE dijo...

Fagan o que fagan, sempre serán os autores de Losing My Religion.
Temazooooo

SILVIA dijo...

Estoy muy de acuerdo contigo en que Losing my Religion es una de las mejores canciones de la historia. Simplemente genial

NEME dijo...

Non che parece un pouco esaxerada a frase de Bono?

BAUTISTA RAMOS dijo...

Quizás, pero é un gran disco. O mellor sen dúbida de REM. A parte das cancións que deixei na entrada, outras como "Nightswimming", "Find the River", "Drive" ou sobre todo o "Try not to breathe" se merecían estar aquí. Co cal xa falamos de 7 cancións redondas. Poucos discos vas atopar así, realmente.

SANTY dijo...

Comentarás o último disco non?

BAUTISTA RAMOS dijo...

Si, na próxima entrada que será a última de REM

MANOLO dijo...

Boísima a versión de One e tamén me gustou moito o dueto con Springsteen. Nunca escoitara esa versión

Anónimo dijo...

Soy muy fan de REM y estoy muy de acuerdo en la selección de canciones. Aunque me faltan 2: Drive y Try not to Breathe

ALBERTO dijo...

Tista, levas 2 días poñendo música de Bruce Springsteen no Facebook. Supoño que pronto lle vai tocar na Cova.

BAUTISTA RAMOS dijo...

Algo haberá, si.
Primeiro teño que acabar coa discografía de REM.
Logo teño unha xoia desas descoñecidas, que me da que vai causar tanto furor como a gran Cassandra Wilson.
E despois, estou preparando 2 especiais de cancións de Springsteen. Un de covers, e outro de duetos raros, que ides flipar

ALI dijo...

Non tardes con Bruce, please !!

BAUTISTA RAMOS dijo...

Todo chegará. Calma

PEPE dijo...

Ten razón Ali. Non teremos que esperar 2 meses para eso que dis de Bruce. Agora non sexas cabrón. Canto antes se non non dixeras nada.