jueves, 23 de junio de 2011

CLARENCE CLEMONS. D.E.P

Non pode ser de outra maneira. Esta entrada ten que ir dedicada ao máis grande (en tódolos sentidos) saxofonista da historia do Rock: Clarence Clemons, "Big Man".
Conta a lenda que se coñeceron nun día chuvioso nun bar de Asbury Park. Springsteen ía tocar alí e de repente entrou un tipo negro enorme no bar preguntando quen era ese tal Springsteen do que todo o mundo falaba. Bruce acudiu acojonado a falar con el, e atopouse que o Gran Home lle pediu tocar o saxo con el. Nunca máis se separaron.

Parodiando a Pep Guardiola, Bruce é o puto xefe porque con el tiña a mellor banda de rock do mundo: Os tipos da rúa E. Pero estes eran a mellor banda porque tiñan ao mellor saxofonista da historia do Rock con eles. Pero xa nunca será o mesmo. Vai a costar escoitar o solo de saxo de "Jungleland" ou escoitar "Tenth Avenue Freeze Out" ou "The ties that bind" nun concerto sen o negro ese de 2 metros e máis de 130 kilos á esquerda de Bruce. Ninguén vai osar ocupar ese lugar porque a súa ausencia notaríase máis que a enormidade da súa presencia.
Vai a ser duro escoitar "Thunder Road" sen ser conscientes da infinita certeza de que unha época acabou. Vai ser duro facerse a idea de que un home tan grande que desprendía tan bo rollo e tanta tenrura, tamén podía xenerar tristeza.









Iso si, onde queira que esté, alí estarán de noraboa porque ademais dun bo saxofonista gañaron un gran Santa Claus:


No recordatorio que se entregou aos invitados ao funeral e que xa circula pola rede, se pode ler a seguinte frase: "Don't cry because it's over: Smile because it happened" (Non chores porque se acabou; Sonríe porque sucedeu). Así que como cantaba Freddy Mercury: The Show must go on: Débovos a outra entrada de rarezas do Boss, pero como vos dicía antes vai ser duro volver a escoitar estas cancións que aquí vos deixei sen Clarence Clemons. Por se acaso, eu vouno facer agora mesmo

6 comentarios:

ALI dijo...

Clarence Clemons debería sentirse orgulloso do que fixo nesta vida, sabendo que un tipo ao outro lado do mundo vai escribir no seu blog cousas tan bonitas sobre el.

PEPE dijo...

Si señor, gran perdida

Anónimo dijo...

Big Man era posiblemente a cara máis conocida da E-Stret Band. Imposible de reemplazar

MANOLO dijo...

Bo homenaxe, si señor

NEME dijo...

Santa Claus Negro. Que grande Clarence ...

SILVIA dijo...

Jungleland contiene posiblemente el solo de saxo más recordado del Rock.
Buena homenaje.