jueves, 23 de junio de 2011

CLARENCE CLEMONS. D.E.P

Non pode ser de outra maneira. Esta entrada ten que ir dedicada ao máis grande (en tódolos sentidos) saxofonista da historia do Rock: Clarence Clemons, "Big Man".
Conta a lenda que se coñeceron nun día chuvioso nun bar de Asbury Park. Springsteen ía tocar alí e de repente entrou un tipo negro enorme no bar preguntando quen era ese tal Springsteen do que todo o mundo falaba. Bruce acudiu acojonado a falar con el, e atopouse que o Gran Home lle pediu tocar o saxo con el. Nunca máis se separaron.

Parodiando a Pep Guardiola, Bruce é o puto xefe porque con el tiña a mellor banda de rock do mundo: Os tipos da rúa E. Pero estes eran a mellor banda porque tiñan ao mellor saxofonista da historia do Rock con eles. Pero xa nunca será o mesmo. Vai a costar escoitar o solo de saxo de "Jungleland" ou escoitar "Tenth Avenue Freeze Out" ou "The ties that bind" nun concerto sen o negro ese de 2 metros e máis de 130 kilos á esquerda de Bruce. Ninguén vai osar ocupar ese lugar porque a súa ausencia notaríase máis que a enormidade da súa presencia.
Vai a ser duro escoitar "Thunder Road" sen ser conscientes da infinita certeza de que unha época acabou. Vai ser duro facerse a idea de que un home tan grande que desprendía tan bo rollo e tanta tenrura, tamén podía xenerar tristeza.









Iso si, onde queira que esté, alí estarán de noraboa porque ademais dun bo saxofonista gañaron un gran Santa Claus:


No recordatorio que se entregou aos invitados ao funeral e que xa circula pola rede, se pode ler a seguinte frase: "Don't cry because it's over: Smile because it happened" (Non chores porque se acabou; Sonríe porque sucedeu). Así que como cantaba Freddy Mercury: The Show must go on: Débovos a outra entrada de rarezas do Boss, pero como vos dicía antes vai ser duro volver a escoitar estas cancións que aquí vos deixei sen Clarence Clemons. Por se acaso, eu vouno facer agora mesmo

martes, 31 de mayo de 2011

BRUCE SPRINGSTEEN: RAREZAS (1)

Como xa dixen nun comentario hai un par de semanas, non vou facer unha discografía completa de Bruce Springsteen neste blog xa que, como me gusta case todo, tardaríamos 6 meses en acabar.
Pero si que vos vou facer un par de regalos en forma de rarezas e duetos do Boss. Se fostedes a algún dos seus concertos, sabedes que sempre deixa algún regalo en forma de versións de clásicos ou duetos con outros artistas
Neste primeiro capítulo vouvos poñer temas de outros artistas (a maioría deles grandes clásicos) versioneados só ou a dúo por este fenómeno.

Non hai mellor maneira de empezar que con este dueto con U2 interpretando "I still haven't found what I'm looking for"


Outro tema que fai pouco puxemos neste blog: "Man on the moon" dos REM coa insestimable axuda do Boss


Con outro grande, John Fogerty, interpretando o gran éxito de Roy Orbison: "Pretty woman"


Enlazando con John Fogerty, atentos a esta versión que fixo Bruce nun concerto en Dublín do clásico da Creedence Clearwater Revival: "Proud Mary"


2 xenios sobre o escenario: Bruce e Chuck Berry cantando o "Johny B. Goode"


Nun concerto en Barcelona, versioneando o Twist and Shout dos Beatles cun meddey de "La Bamba" e ademais facendo un dueto co seu fillo Evan.


Agora nun concerto de Amnistía Internacional cantando a dúo con Sting o "Every Breath you take"


Gran versión en solitario coa acústica de "Blowing in the wind"


Outro clásico de Bob Dylan "Knocking on heaven's door" desta volta coa banda de Wolfgang Niedecken


"I can't help falling in love" de Elvis Presley


Máis Elvis: Non podía faltar o Jailhouse Rock



Outra vez coa banda de Wolfgang Niedecken interpretando agora o "Jumping Jack Flash" dos Rolling Stone


No Hard Rock Calling Festival, deixou esta xoia: Unha versión do "London Calling" de The Clash.


Voltamos aos Beatles, desta volta nun duesto con Axel Rose interpretando "Come Together"



Dueto con Jackson Browne para interpretar "Stay"


E acabo tal e como empecei, con outros dueto con U2 para interpretar este clásico de Curtis Mayfield "People Get Ready"


Para esta vez, non vos queixaredes eh? Espero que vos gustara.

jueves, 19 de mayo de 2011

CATHERINE RUSSELL

Catherine Russell tíñao todo para triunfar. A súa nai era cantante e o seu pai, Luis Russell, era o pianista da banda de Louis Armstrong. Fai cousa de un mes, descubrín este disco "Sentimental Streak" e como pasou con outra diva que non vou nomear xa que todos e todas estades namorados dela neste blog, leva un tempo sonando no meu reproductor sen parar.
Como a maioría destas novas cantantes de jazz, ten poucos prexuízos á hora de escoller estilos ou épocas. Toma prestados temas de aquí e de alá, mesturandoos con outros de producción propia, pero engadindo unha voz potente e "escoitable" en calquera estado de ánimo.

O primeiro tema que vos deixo é "Kitchen man", composta por Bob Brozman e popularizada por un mito do jazz: Bessie Smith.



O seguinte tema chámase "Inside this heart of mine" composto pola propia Catherine


Versioneando un clásico de Frank Sinatra "Can't we be friends?"


Un dos temas que máis me gusta do disco "So little time, so much to do"









"You for me, me for you"







E por último, unha homenaxe a "New Orleans"





martes, 17 de mayo de 2011

R.E.M. DISCOGRAFÍA COMPLETA. 3- A DECADENCIA

E entón quedaron 3. Logo, colapso e confusión.
Dende aquela, os R.E.M. tratan de disimular a ausencia dun dos seus fundadores. Bill Berry non era o lider, nin o principal compositor, nin aparecía nas entrevistas. Só era o batería. E aos que iso lle pareza pouco, recoméndovos que revisedes as biografías de mitos do Rock como Led Zeppelin ou The Who.
A partir de aquí, firman uns cantos discos deses que conteñen 1, 2 cancións ao sumo e parade de contar. O resto para olvidar

O primeiro álbum post-Berry foi "New Adventures in Hi-Fi" (1996). Supoñíase que era unha reivindicación do status de banda indie que tiñan nos seus inicios. Iso si, baixo a renovación de contrato máis cara da historia recente coa Warner Bros. Moi contradictorio.

O máis destacado deste disco é este dueto coa voz sagrada á que adoran os poetas Beat: Patty Smith. A canción chámase "E-bow the letter"´. É unha canción adicada a River Phoenix. Fala sobre drogas e barbitúricos (causantes da morte do actor) e sobre a fama non desexada que persigue a algunhas persoas.



Tamén podemos destacar neste disco a canción "Electrolite", a última canción con destellos do Automatic for the People.



Do seguinte álbum "Up" (1998) só vale a pena recuperar esta canción: "Daysleeper"



No 2001 lanzan "Reveal". Maís do mesmo, a parte deste tema "Imitation of life", non aporta absolutamente nada.



Pero en 2004 co álbum "Around the Sun", conseguiron que fans e crítica estiveran de acordo en proclamalo o peor álbum da historia de REM. Insoportable. Por recuperar algo, o menos malo do disco, é este single homenaxe a New York



En 2008 lanzan "Accelerate" e nun intento por chegar a eses fans desencantados, bótanlles un pulso á compañía discográfica, colgando o disco na páxina web antes de saír no seu formato físico. O disco é unha mínima recuperación con respeto dos anteriores. Poderíamos destacar un par de temas:
O single de presentación foi este "Supernatural superserious" que por fin, nos recordan que nun tempo houbo uns REM máis cañeros:



E tamén me gusta este "Man sized wreath" donde volve sobresaír a guitarra de Peter Buck, despois duns cantos anos agachada detrás dos sintetizadores.



E para acabar, neste ano lanzan o seu último disco "Collapse into now". Leín por ahí que está a altura de "Out of Time" e "Automatic for the people". Na miña opinión, nin de lonxe se acercan a esas 2 obras maestras.
Para empezar, é unha colección de cancións "escoitables", que xa é moito despois do que vos acabo de contar aquí (será que xa perdín a miña fe neles?), pero non ten unha canción redonda como "Losing my Religion" ou "Man on the moon" que quede na nosa memoria para sempre.

O primeiro corte do disco é este "Discoverer"


Un dos temas do que máis se falaba é este "ÜBerlin". Xuzgade vós mesmos:


Aínda que en principio non está proposta como single, probablemente a canción que máis me guste deste último disco sexa esta "Mine smell like honey", pois a min é a que me recorda aos REM da primeira etapa.


Non falta unha balada como nos seus grandes discos, neste caso este "Walk it back"

martes, 3 de mayo de 2011

R.E.M. - DISCOGRAFÍA COMPLETA. 2: O ÉXITO

Na anterior entrada, deixamos a REM recén firmado contrato coa "Warner".
En seguida sacan novo album "Green", e comezan as xiras multitudinarias. Deste disco, quédome con estas 2 cancións:

"Stand", unha canción pop ao estilo dos Talking Head


"Orange Crush". Vietnam, o axente naranxa, o síndrome postraumático que arrastrou a toda unha nación e por suposto, o fantasma do coronel Kurtz.


E o apoxeo chega co disco "Out of time" (1991). 10 millóns de copias vendidas póñenos no mesmo estatus que U2 ou Nirvana.
Por suposto, hai que comezar co seu gran éxito. Unha canción pola que moitas bandas matarían e que por sempre estará no podio das miñas preferidas.
"Losing my religion"


Outro tema destacado foi "Shiny Happy People" Comercialidade sen tapuxos, pero coa colaboración de Kate Pierson dos "B-52"


Pero o mellor estaba por chegar. En 1992 publican "Automatic for the people". A expectación era inmenasa pois neses momentos a banda de Stipe era recoñecida mundialmente e había bastantes críticos afilando os dentes, pois o normal era que despois do éxito de Out of Time, a banda baixara o nivel, o cal a priori convertía ese disco nunha presa fácil.
Basta dicir que o meu admirado Bono calificou este álbum como "o disco máis grande nunca gravado"

Ata 6 singles saíron deste álbum. O primeiro foi "Man on the moon". Unha homenaxe ao cómico Andy Kauffman e a suposta manipulación dos medios coa chegada do home á lua.
A versión que vos deixo acá é unha xoia que moitos seguramente non coñecíades. Un dueto de Sprignsteen e Michael Stipe.



Outro single destacado foi "the Sidewinder sleeps tonite" Unha desas letras raras que só entenden eles, pero cunha melodía moi pegadiza.


A 3ª canción que selecciono deste álbum é probablemente a súa canción máis coñecida despois do losing my religion, "Everybody Hurts"



Unha vez máis as cotas de popularidade eran tan grandes, que fixeron duetos por exemplo con U2. Para o meu gusto, esta é a mellor versión que nunca se fixo da canción "One" dos U2:




Do seguinte álbum "Monster" destaca sobre todo esta canción: "What's the frequency Kenneth?"


Pero se algo os marca, é a morte de Kurt Cobain, ao que lle dedican este tema: "Let me in"


Parten nunha macroxira, e entón ocorre o que marca o principio da decadencia: Bill Berry sufre un aneurisma cerebral mentres daban unha actuación en Lausanna (Suíza)

lunes, 11 de abril de 2011

R.E.M. Discografía completa. 1.- Os anos Indie

Esta mítica banda americana nacida en Athens, no estado sureño de Georgia en 1.980, foi a pionera do chamado Rock Alternativo.
Michael Stipe e Peter Buck coñecéronse na tenda de música que rexentaba este último. Stipe era un comprador compulsivo dos discos de Patty Smith e da Velvet Underground polo que se deron conta da afinidade que había entre eles. Decidiron formar un grupo e para iso liaron a outros 2 amigos: Mike Mills e Bill Berry.

O seu primeiro concerto foi baixo o nome de "Twisted Kites" nunha igrexa en Athens, pero Stipe elixiu a palabra R.E.M. (Rapid Eye Movement) unha fase do sono. Nese concerto, a banda coñeceu a Jefferson Holt, quen se convertiría no manager do grupo

No seguinte ano e medio, a banda fixo unha xira por todo o sur do país tocando versións de diferentes grupos. Nese tempo Peter Buck comenzou a desenvolver o seu distintivo xeito de tocar a guitarra e Stipe a escribir as súas primeiras letras, sempre enigmáticas e escuras. No verán de 1.981 o grupo grabou o seu primeiro single "Radio Free Europe" que destila rabia punk. Foi grabado como cara B de outra canción chamada "Sitting Still" no estudio caseiro dun amigo. Sorprendentemente o sencillo convertiuse nun éxito inmediato nas radios independentes que tiñan a súa vez unha enorme influencia en colexios e escolas de todo o sur, ata tal punto que o prestixioso periódico New York Times considerouna como unha das 10 mellores cancións de ese ano. As letras indescifrables de Stipe, a súa distintiva voz, e ese son sureño tan típico comezaban a súa andadura.
Gracias a iso, selos independentes de maior tamaño se interesaron en R.E.M. Firmaron un contrato con I.R.S. Records, e así comeza a súa andadura.
O primeiro álbum de estudio "Murmur" foi lanzado no ano 1.983. O disco obtivo un apoio enorme por parte do público e da crítica. Sen ir máis lonxe, a biblia dos amantes da música, a revista Rolling Stone considerou a "Murmur" o mellor álbum dese ano. Sabedes cal quedou 2º? Un tal "Synchronicyty" dos Police.
A primeira canción entón non pode ser outra que o Radio Free Europe.


Un ano mais tarde sacan o seu 2º disco: "Reckoning". Para o meu gusto, a canción máis destacada é este medio tempo chamado "So. Central Rain"



Para o terceiro álbum "Fables of the Reconstruction" foron a grabar ao Reino Unido.
Quizás da gloriosa primeira época dos REM sexa o peor álbum pero aínda así nos deixan 2 temas fantásticos:
Este tema chámase "Wendell Gee"



e sobre todos "Driver 8"


E en 1986 chega a gran explosión con "Life's rich pageant" un disco máis optimista, un chisco máis pop, e sobre con himnos ecoloxistas como este:
Cuyahoga é o nome dun río situado ao noreste do estado de Ohio. O nome deste río procede dos indios americanos, e literalmente quere dicir "Río torcido". Dito río foi obxecto dunha enorme contaminación, polo vertido de productos tóxicos no seu cauce, ata o punto que comezou a ser coñecido como o "río vermello"



Tamén empezan a aparecer cancións de crítica social como esta "Flowers of Guatemala". Dende a época de Eisenhower a CIA apoiou a uns cantos tiranos que gobernaban en Guatemala. As flores son as que adornan as tumbas dos máis de 100.000 campesiños guatemaltecos asasinados durante as distintas dictaduras.



Pero o gran hit deste álbum foi este "Fall on me". Déixovos unha versión con subtítulos en castelán.



En 1.987 aparecen 2 álbumes. O primeiro foi "Dead Letter Office"
A canción máis destacada aquí é Crazy



Pero a finais dese ano, sacan un novo disco "Document" que anuncia o final do contrato con I.R.S
Igual que con Life's Rich Pageant, este é un disco redondo para dar por finiquitada esa etapa.

O 1º single foi este "The One I Love", do que vos deixo unha versión acústica:


Siguen criticando ao réxime de Ronald Reagan, con este tema : "Finest worksong"


Pero sobre todo destaca este "It's the end of the world as we know it". Puro REM



E chega o contrato coa Warner. ... Algúns os acusaron de perder os seus principios, e eles responderon que o único que perderon foi a súa relixión.
Pero eso pertence ao capítulo 2 da discografía de REM

domingo, 6 de marzo de 2011

CELTAS CORTOS - INTROVERSIONES

Na xogo da entrada anterior pudechedes escoitar un tema de Celtas Cortos , un tema de Waterboys, e outro de Dexy's midnight runners . ¿Que teñen os 3 grupos en común? Este "introversiones", o último disco dos Celtas Cortos.

Tras regresar á senda do Rock co disco anterior "40 de Abril", neste disco de versións proseguen indagando nas orixes da musicalidade da banda, facendo unha homenaxe ás bandas que inspiraron ese sonido tan característico dos Celtas Cortos (persoalmente eu boto en falta a Gwendal). O resultado é probablemente o disco máis Celta dende "Cuéntame un cuento".

Sería un disco fantástico ... se non fóra porque esas cancións xa existen. É certo que a moita xente lle gusta que se respete a composición orixinal, pero pola miña parte prefiro que cada un lle de o seu propio toque e salvando o feito de que moitas están en castelán, a maioría dos temas parécense en exceso aos orixinais.

O disco abre cun clásico dos Waterboys ("Fisherman's blues", "El blues del pescador"). Este medio tempo rockeiro ensambla con gusto o eléctrico e o acústico, cun excepcional saxo realizando o toque blusero da canción e con Cifuentes intentado igualar os agudos de Mike Scott. Déixovos a versión dos Celtas e a orixinal. Por certo, síntoo se vos aparece publicidade ao abrir algún dos videos, pero é o que nos queda





Outra das pezas famosas que versionean é o gran clásico "Come on, Eileen" da banda liderada por Kevin Rowland, Dexy's midnight runners.




Pero mais alá do pop, as 2 grandes influenzas dos Celtas Cortos proveñen do rock Celta: Oysterband, e The Pogues
Dos primeiros, versionean o "granite years" que o traducen como "Vida gris".





The Pogues, con Shane MacGowan ao frente, trasgrediron a escena folk dos 60 incorporando ao rock celta un aire de punk polo seu estilo irreverente. Deles toman prestado o clásico "fiesta"





Non descoidan tampouco as versións de temas tradicionais irlandeses como este "Marinero borracho" "Drunken sailor"




Non podía faltar unha representación do pop-rock español. Para eles o mellor compositor de cancións foi, sen dúbida, Antonio Vega. Por iso escolleron este tema: "lucha de gigantes"




Tampouco podían sustraerse das influencias latinas, neste caso representadas nunha versión (para min, sen dúbida, o mellor tema do disco polo diferente, transformando o folk arxentino na sonoridade celta que construén as melodías de acordeón, violín e whistle) dunha canción da gran Mercedes Sosa que puxo voz e música a un poema do chileno Julio Numhauser. "Todo cambia"




O resto dos temas son "Star of the County Down" , Tema tradicional, "Breizh positive", do grupo celta francés Ar Re Yaouank, "Malditos vecinos" de Kojón Prieto y los Huajolotes, "Category" dos irlandeses Moving Hearts, "Aita semeak" dos vascos Oskorri e outro tema tradicional chamado Shenandoah