lunes, 31 de mayo de 2010

DAYNA KURTZ


Ás veces, resúltame estrano este mundo da música. Non podo entender porque certos artistas venden discos coma churros e outros non pasan de ser meras figuras de culto ou xenios descoñecidos para unha amplísima maioría. Este é o caso de Dayna Kurtz, unha das mellores voces do panorama internacional, cun puñado de marabillosas cancións. Claro que esta muller representa o lado crítico de norteamérica, ese que non interesa que saia á luz e que se oculta debaixo da alfombra.
A súa voz lémbrame a divas da talla de Nina Simone, Joni Mitchell ou Bessie Smith, pero ademais as letras teñen un sabor a Tom Waits ou a Marianne Faithful e se a eso lle unides o lirismo de Leonard Cohen, o ritmo do primeiro Van Morrison ou a forza de Patty Smith, estamos diante dunha artista coma a copa dun pino.

Para os que non a coñecíades, aquí vos deixo unha das cancións do álbum "Postcards from Downtown" (2002): Love gets in the way
Espero que vos guste

TISTA

6 comentarios:

Anónimo dijo...

De onde sacaches esta xoia??
Que pasada !!!

NEME

ALI dijo...

La joyita es el autor del blog
Besos Tista

cronopia dijo...

Iso, iso...
ouro puro.

BAUTISTA RAMOS dijo...

XA ME ESTOU POÑENDO COLORADO !!!!

hipatia dijo...

Pois non te poñas colorado que aínda falto eu jeje, que ultimamente chego tarde a todas partes, pois iso vindo de Tista, estou segura que aquí atoparemos ouro, prata e diamantes, vamos que a cova de Juan Rey vai a ser coma un gran cova chea de tesouros.

BAUTISTA RAMOS dijo...

Agora si que xa teño o club de fans ao completo !!