martes, 1 de junio de 2010

NOA & KHALED

Hai días nos que un sinte asco do mundo en que vive. Eso acontence tras o vil ataque do exército israelí contra unha flota que levaba a "temible" intención de porporcionar comida e medicamentos aos habitantes da franxa de Gaza. Unha vez máis o exército israelí amparado na impunidade da que disfruta actúa con absoluta desproporción.
Como isto pretende ser un blog de música, o que vos presento hoxe é a mellor versión que coñezo de Imagine, o himno composto por John Lennon.
A primeira vez que aparece esta versión é no ano 2001 nunha gala no World Economic Forum en New York, nunha gala producida polo gran Quincy Jones e que contaba coa participación dos meus admirados Bono e Peter Gabriel, Noa (Israelí) e Khaled(Arxelino) cantaron en árabe, hebreo e inglés esta extraordinaria versión.
Non vos perdades as imaxes do vídeo!!

6 comentarios:

cronopia dijo...

Hei ! Aí estamos!
Sincronizados...


Moitas grazas, "Juan Rei".
Agardo con ansiedade as túas suxerencias musicais.
Chao!

PEPE dijo...

Impresionante esta versión Tista, Aínda teño a piel de galiña...
Que outra versión me recomendas?

BAUTISTA RAMOS dijo...

Hola Pepe, xa sabía eu que non ías faltar por aquí. Resúltame difícil escoller porque Imagine é unha das cancións máis versioneadas da historia, pero quédome coa versión que fixo Gilberto Gil nun disco en directo de 2004 que se chama Electracústica e tamén cunha versión que fai Guns N' Roses nun concerto (non lembro onde) no que Slash clava coa guitarra eléctrica os acordes de piano de John lennon. Hala, a darlle ao Ares !!

ALI dijo...

Recuerdo que una vez contaste la historia de un cantante que ponía "a parir" a John Lennon usando la letra de Imagine. Como era aquello?

BAUTISTA RAMOS dijo...

Hola Ali !
É unha canción de Elvis Costello que se chama "The other side of summer" que nun dos versos di:
"Was it a millionaire who said "Imagine no possessions"?
que traducido ven sendo algo así:
"Non era un multimillonario o que dixo:"Imaxina que non hai posesións"?

BAUTISTA RAMOS dijo...

Mónica: Que bo ter unha artista que visite este blog!!
Grazas por ser a primeira seguidora !!!!