viernes, 10 de diciembre de 2010

SOPHIE MILMAN

Sophie Milman naceu en Rusia e aos 7 anos emigrou cos seus pais a Israel, Ao cumprir aos 16 voltou emigrar pero desta volta a Canada e nese país deixou crecer a semente que lle cultivara o seu gusto polo jazz. Seus pais eran fans de Ella Fitzgerald e de Oscar Peterson.
Aos 21 anos presentouse nun programa de televisión de Toronto e iso levouna a firmar un contrato para grabar o seu primeiro disco que leva o seu nome,Sophie Milman (2004). Ese disco abreulle as portas do mercado musical e ata a data sacou outros 2 discos máis: Make Someone Happy (2007) e Take Love Easy (2009) Pero é ese primeiro disco do que vos pretendo falar hoxe, xa que como en algunha que outra ocasíón da que xa vos falei noutros posts, este disco leva 10 días sen saír do meu reproductor.

De contado a súa voz che cautiva: cálida, suave pero a vez potente e educada, co carisma das grandes divas do jazz actual. Ou tal vez sexa por ser unha filla da globalización , marcada polá súa vida viaxeira e que a leva a fusionar o jazz con outros estilos dando como resultado esa mestura que a min persoalment, tanto me gusta.

Como outras grandes, non faltan versións de grandes clásicos. Para que comezedes a darvos unha idea dos alcances desta voz, atentos a esta versión do clásico "Auga de beber" do xenial Antonio Carlos Jobim



Unha enorme versión da celebérrima canción que fixo famosa a Edith Piaf, La vie en rose.


Incluso se atreve cun gran éxito da gran Billie Holiday, unha canción composta explicitamente para ela por George Gershwim, The man I love


Outo gran clásico de Cole Porter, My heart belongs to Daddy



Esta é unha adaptación dunha canción tradicional rusa: Ochi chernye ("ollos negros")



E de propina, unha nova versión do Fragile de Sting, Esta vez xunto cun dos máis grandes guitarristas da actualidade: Jesse Cook.

17 comentarios:

ALBERTO dijo...

Sona a voz "negra". Encántame

SILVIA dijo...

¡Vaya voz! Un nuevo tesoro por descubrir;ya sabes que no entiendo el gallego pero la música que pones es siempre fantástica.

BAUTISTA RAMOS dijo...

Gracias Silvia

NEME dijo...

Menos mal que temos o Ares, porque se tivésemos que comprar todo o que recomendas, arruinábasme cabrón !!!!

ALI dijo...

Tista, ya toca un nuevo post de versiones, no? Además con lo que ya has "posteado" aquí, casi tienes para una entrada completa del tema de Sting.
Por cierto, enorme esta Sophie. Me encanta... como siempre

BAUTISTA RAMOS dijo...

Ali, xa case teño listo dous posts de versións. Publicarei cando menos un deles a semana que ven. Así que estate atenta que che vai encantar !! Un bico

PEPE dijo...

Tedes razón. Gran voz, soa maravillosamente, haberá que descargar os 3 discos e non só o que nos recomenda Tista. Pero amigos, non me digades que a versión que nos puxo aquí o crack, de "Fragile" da miña Cassandriña non é mellor que esta. Un abrazo fenómeno !

BAUTISTA RAMOS dijo...

Pepe, téñoche unha sorpresa. Esta semana sacou novo disco Cassandra Wilson e xa o teño encargado. A 1ª copia para ti

PEPE dijo...

Xenial, pero terás que facer aquí un post: Cassandra Wilson parte 3. Digho eu eu?

ALI dijo...

Please, adelántanos algo de las versiones

BAUTISTA RAMOS dijo...

Paciencia Ali

Cronopias dijo...

Bárbara. Tanto me gustou que estás invitado a pasar pola lunaquesemece....hai surprise.

BAUTISTA RAMOS dijo...

Mónica, moitísimos thanks pola dedicatoria no teu blog. E aos demáis invítovos a pasar polo blog desta artista. Seguro que vos quedades por alí bastante tempo. Ademais ten bo gusto musical (XD)
http://lalunaquesemeceternamente.blogspot.com/
Sen ir máis lonxe, hoxe ten unha canción do 2º disco de Sophie Milman

MANOLO dijo...

Espectácular Sophie Milman e espectacular o blog de Cronopias.
Noraboa a ambos

Anónimo dijo...

Grandísima voz. Queda todavía mejor retratada en la entrada del blog de Cronopias. Fantástica. De todos modos, el guitarrista de la versión de Fragile es también impresionante. Esperamos un post suyo

MIGUEL dijo...

Aos que creen que a única cantante de jazz que existe é Diana Krall, please, pásense pola Cova de Juan Rei e aprendan un pouco

MANOLO dijo...

Maikel, déixaos estar onde están. Acá estamos os colegas que se deixan guiar e aos que non lles gusten estas voces ... Ajo y agua