lunes, 14 de febrero de 2011

MISHKA ADAMS - God Bless the Child

A un par de meses da aparición do seu segundo disco, apetece recordar o primeiro traballo desta artista filipina. Filla do escritor inglés Michael Adams e da artista visual filipina Agnes Arellano presentou fai 4 anos un disco xenial: God Bless the Child, no que ademais da súa gran voz, destaca a súa faceta como instrumentalista xa que no disco toca a guitarra e o saxo tenor.

O tema que da título ao álbum é unha versión do standard de Billie Holiday. Sempre é difícil para unha adolescente (tiña 22 anos cando sacou este disco)versionear un tema de Billie polo recordo da gran sensibilidade e a dor que encerraba a súa voz, pero o resultado vale a pena:



Tamén se atreve con Summertime, o clásico de George & Ira Gershwim, facendo unha interesante versión que se empapa de Reggae.



Aínda que recoñezo que a miña versión favorita do "Somewhere Over the Rainbow" é a de Eva Cassidy, este cover de Mishka do clásico de Harold Arlen & E. Y. Harburg non a desmerece en absoluto. Sinto que a calidade non sexa moi boa pero é a única versión dispoñible na rede



Pero non todo son versións, o disco tamén contén composicións propias como este "The very thought of you"















Mishka Adams - The Very Thought Of You




Found at The Very Thought Of You on Duck.fm



Ou este outro tema: "Where do we begin?"


E para acabar, un regalo. Se pinchades neste enlace podedes descargar completo o programa de Area Reservada dedicado a Mishka Adams.

10 comentarios:

NEME dijo...

Como se pode ter tanto talento sendo tan xoven? Xenial

ALI dijo...

Muy buena, pero summertime siempre será la voz de Janis

MIGUEL dijo...

Outra gran voz para a colección de grandes descoñecidas

PEPE dijo...

3 semanas sen publicar nada. Eso son... cantas cañas? jejeje

ANDRÉS dijo...

Que pena que non se vexa e se escoite mellor a versión de Somewhere over the rainbow. Sempre me encantou esa canción

MANOLO dijo...

¿Como carallo non volveu publicar nada? É boísima

SILVIA dijo...

Excelente descubrimiento una vez más.

Eva dijo...

¡Que buena! Es una lástima que usted no se prodige más

PEPE dijo...

Por certo, xenial o especial de Area Reservada. Lástima que desaparecera ese programa porque era boísimo

Anónimo dijo...

Genial