Está claro que o mellor regalo que vos podo facer neste Nadal, é "postear" o novo disco da musa da maior parte dos seguidores deste blog. Que Cassandra saque un disco é sempre unha alegría. O feito que sexa de Casssandra Wilson indica que o disco é bo e punto. Neste blog iso non se pode discutir e ademais tedes a razón. É un bo disco... unha vez máis.
Imos comentalo un pouco.
O disco comeza con 3 versións en directo de cancións que xa sacara no álbum de versións de Standards de Jazz (Loverly), do que xa falaramos aquí en anteriores entradas
St. James Infirmary de Louis Armstrong
Lover Come back to me (Billie Holiday)
A day in the life of a fool (Frank Sinatra)
Como sempre nos seus discos, inclúe versións de temas clásicos. Neste caso hai 2 que me encantan.
O 1º é unha revisión dun clásico dos Beatles que aparece no "White Album": Blackbird
O 2º é unha versión extraordinaria dun tema de Stevie Wonder "If it's magic"
De entre os temas propios, quédome con "Beneath the Silver Moon"
E para rematar, un regalo extra que non está incluído no disco: Escoitade esta versión do Augas de Março
Que o disfrutedes. Un abrazo
viernes, 31 de diciembre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
20 comentarios:
Que grande! Quero ese disco xa !!
MA-RA-VI-LLO-SA
ok ! Esta tarde no café xa che levo o disco
¿Como se chama o disco? Como sempre, extraordinaria Cassandra Wilson. Gracias
Ostia!! é verdade que se me olvidou poñer o nome do disco. O alzheimer...
Silver Pony
Cassandra Wilson, Sophie Nilman, Dee Dee Bridgewater, Silje Nergaard, Madeleine Peyroux, Dayna Kurtz, Liz Wright, Melody Gardot...
Extraordinario !!!!
Quédache algo por descubrirnos para o ano que entra? Aposto a que si. Feliz ano 2011 a todos
Igualmente amigo
Tista, intentei escoitar as cancións deste album desde listengo pero non sae ningunha. ¿Sabes a que se debe?
Non che sei. Intentei subir algunha pero estes días non funciona moi ben. A de blackbird si que a subín a goear, polo tanto podedes escoitala e compartila alí. Seguirei intentándoa subir a listengo, porque o deseño é máis atractivo e porque de momento non meten publicidade
Sencillamente genial.
Tista, unha petición para o ano que entra: Ademais de descubrirnos eses talentos fantásticos, esas voces extraordinarias, ese conocemento musical ao alcance de poucos que fai que nos enteremos desas versións que tanto nos gustan ...
¿Porque de cando en cando non pos cancións soltas, sen ter que ser dun só autor ou dun disco concreto? É dicir, o que todos che pedíamos na cova: Pincha ti a música
Non é mala idea, Ali. Tereino en conta
Non é mala idea disque. É cojonuda, acabáronse as disculpas. Todas as semanas entradas...
Completamente de acordo con Ali... e con pepiño. Así non habería excusas: "Teño que escoitar o disco"... e que estou recopilando as versións ..." Nada. Pincha música e ao carallo. Que a nós nos farás máis felices se cabe
Desde logo esta muller é impresionante
Eu tamén me apunto a que me grabes o disco que non o dou atopado no internete. Please
No problem
Xa que estamos, eu tamén mo pido
Feliz ano a tódolos habitantes e visitantes da Cova de Juan Rei
Non sei no 2011, pero está claro que no 2010 Cassandra Wilson foi a gran musa de practicamente todos os que nos pasamos por aquí. Enhoraboa, o blog é fabuloso
Publicar un comentario