sábado, 26 de junio de 2010

CASSANDRA WILSON (II)

Segundo a wikipedia, Casandra na mitoloxía grega era filla de Hécuba e Priamo, por aquel entón reises de Troia, e significa "A que enreda aos homes". Ben, pois polos comentarios nos posts anteriores queda claro que a Cassandra que eu vos presentei, enredou a homes e a mulleres e vos quedástedes con máis ganas de esocitar cousas da Wilson, así que imos facer unha segunda parte do post anterior, e espero que vos chegue para unha boa temporada. :-)
PARTE 1:
No anterior post me centraba no seu último álbum "Closer to you, the pop side", e nos comentarios vos explicaba que esas versións que compoñen este álbum, en realidade era unha recopilaciòn das cancións que fóra interpretando ao longo dos 7 álbums que leva co selo Blue Note. Tamén insistía que nesa recopilación, a min me faltaban 2 temas. Ben, pois como regalo extra aquí os deixo:
O 1º é a versión que fai do "Killing me softly" de Roberta Flack, e que algún de vós se me queixou que non había xeito de conseguilo. Ok, pois "misteriosamente" alguén o subiu á listengo, así que xa podedes disfrutalo.

Cassandra Wilson - Killing me softly








O 2º tema, é unha versión do clásico de Bob Marley "Redemption Song":




Parte 2:
Unha vez satisfeita esa parte, quero recomendar tamén o seu álbum anterior: "Loverly", que neste caso fai unha recopilación de versións de temas clásicos do Jazz e do Soul, contando ademais cun acompañamento de luxo, con Jason Moran no piano, Marvin Sewell nas guitarras e Lekan Babalola na percusión entre outros. Aínda que como vos contaba no post anterior, o gran instrumento é a súa impresionante voz.
A selección inclúe versións de temas como "Black Orpheus" de Keziah Jones, "Gone with the wind" de Ella Fitzgerald ou "The very thought of you" de Billie Holiday (tema que inmortalizaría Janis Joplin.
A continuación déixovos 2 cancións dese álbum.
a 1ª é a versión que fai do clásico de Duke Ellington, "Caravan"


Cassandra Wilson - Caravan








e a 2ª é a versión de "St, James Infirmery" de Louis Armstrong



Espero que con esto sexa suficiente para unha temporada...

12 comentarios:

PEPE dijo...

Sin palabras. E espectacular

PEPE dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
PEPE dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
JUANJO dijo...

Despois da decepción que lle debeu supoñer a Marley a carreira do seu fillo, seguro que ahora se sinte orgulloso desta versión. Aposto a que se está fumando un peta a gusto escoitando a Cassandra Wilson cantando o seu tema

MANU dijo...

De verdade, é unha voz única.¿Como pudemos vivir sin ela tanto tempo?

ALI dijo...

IM PRE SIO NAN TEEEEEEEEEEEEEEEE

NEME dijo...

Que bo, 4 cancións máis dunha tacada de Cassandra!!

BAUTISTA RAMOS dijo...

Non queríades caldo? Pois veña, 4 tazas, a ver se vos fartades. jajaja

Cronopias dijo...

Tanto me gustou que levei Caravan para o Brisas.

Uf!¡qué muller! ¡é fabulosa!

MANOLO dijo...

A versión da canción de Bob Marley é sencillamente xenial...

Anónimo dijo...

Non me extraña que na entrada anterior, houbera un comentario de alguén que íba a buscar todo o que houbera para bsixar de esta muller. ESPECTACULAR

BAUTISTA RAMOS dijo...

Case que Cassandra me vai ter que nomear seu representante. A ver si desta deixo o ensino, jajaja