martes, 8 de junio de 2010

DEE DEE BRIDGEWATER

Despois do seu disco de fusión de jazz con música tradicional de Mali (Red Earth) a gran dama actual do jazz regresa cun disco homenaxe a Eleanora Fagan. Dito así, non dirá gran cousa, pero iso cambia cando vos diga que Eleanora Fagan era o nome real da gran Billie Holiday. Lady Day, como tamén era coñecida, é un dos persoaxes máis saturados de tributos no mundo do jazz, pero este de Dee Dee escóitase con especial pracer. Tendo en conta que na década dos 80 Dee Dee xa interpretou no teatro a Billie no musical "Lady Day", esta homenaxe non é inesperada. Ademais con anterioridade xa fixo outros discos homenaxes a grandes do jazz como Ella Fitzgerald ("Dear Ella", 1997), Horace Silver ("Love and Peace: A tribute to Horace Silver, 1995)e Kurt Weill ("This is new", 2002.
Aquí aparecen os 12 temas máis emblemáticos de Billie Holiday, empezando por "lady sings the blues" e acabando por "Strange Fruit" que foi considerada a mellor canción do século 20 pola revista Time en 1999.
Dan Oulette preséntaa así: “Dee Dee es un dìnamo espiritual y una baladista con alma. Canta con una voz que corta como navaja, hace scat con notable soltura, te hace llorar de emoción. Hasta se quiebra al descender al drama de ‘Strange Fruit’ que sirve de sentido epílogo al disco".
Desta vez, déixovos 2 cancións: A primeira é a súa versión de "Strange Fruit" que sirve de epílogo ao álbum:


Non me podo resistir a deixarvos tamén a versión que fai xunto a Mike Hucknall (o solista dos sempre recordados Simply Red) dunha das miñas cancións favoritas de todos os tempos: "You've got a friend" de Carole King. Con permiso dos demais lectores deste blog, adicada a 2 amigas do insti que me coidan e me miman cada día e que ademais se pasan a menudo por esta cova.

21 comentarios:

NEME dijo...

Un pouco escura a 1ª canción, non?

BAUTISTA RAMOS dijo...

Ideal para un día triste e de chuvia coma hoxe XD !

MANU dijo...

Buaaa !! Espectacular esta versión.
Por certo, recordo que na outra cova importante na túa vida, e na de moitos de nós, A Cova da Vella, pinchabas a menudo outra versión que non era de Carole King

BAUTISTA RAMOS dijo...

Creo que tamén teño posto a de Carole King, entre outras cousas porque é a versión que máis me gusta, pero si é certo que alí tiñamos un disco no que estaba unha versión moi boa de James Taylor. Este é o enlace de youtube:

http://www.youtube.com/watch?v=Q7RPCFfudmU&feature=related

ALI dijo...

Cuantos recuerdos. Otro producto clásico de nuestro musical casette en nuestra Cova de Juan Rei.

Cronopias dijo...

Wuau!!!!!
Eu son unha delas ¿non?.¡que emoción!
Vale, somos funcionarios recortados, pero non nos poden recortar os bos amigos. ¡Pobre deles!

Espero que non sexa a última que nos dedicas.
Chao

BAUTISTA RAMOS dijo...

Supoño que si sonaba en musical casette, pero a min esta canción descubreuma a profe de inglés que tiven no intituto en 1º BUP, Chon, e que me marcou ata o punto de que si hoxe son profe de inglés é en grande parte pola súa "culpa"

Cronopias dijo...

Impresionante Billie Holiday.

Como son licenciada en idiomas pola universidade de Googletown, vou intentar traducir a letra de "strange fruit", porque cantada con tanta emoción ten que ser moito...

BAUTISTA RAMOS dijo...

Esta claro que si non? Esas que firman como CRONOPIAS e HYPATIA son as amigas ás que vai dedicada esta versión. Espero que vos gustara !!!

BAUTISTA RAMOS dijo...

Cronopias, xa sabes que si googletown non funciona sempre podes recurrir ao profe de inglés do teu insti ....

Cronopias dijo...

Funciona, funciona....flipante a letra.

Creo que me la llevo pa mi casa.

PEPE dijo...

Menos mal ! Xa pensei que te cansaras !

BAUTISTA RAMOS dijo...

jajaja
Díxenche que ía ser constante. Pero iso non significa que faga un post tódolos días eh?
Gustouche o de hoxe?

PEPE dijo...

Como sempre. Marabilloso descubrir a versión de billie holiday, e extraordinaria esa asociación tan dispar entre a negra e o pelirojo. Por certo, que foi de Simply Red?

BAUTISTA RAMOS dijo...

Sacaron un disco recopilatorio fai un par de anos, e polo visto andan de xira de despedida. Xa deron o que tiñan que dar.

SUSO dijo...

JODER !!!
Acabo de escoitar a versión esa que fai de Billie Holiday coa luz apagada e case choro eu tamén coa emoción. De que coño vai a letra?

BAUTISTA RAMOS dijo...

Este é un dos grandes clásicos contra o racismo. Esa "extraña fruta" que aparece colgada é nin máis nin menos que un negro colgado nun árbol polo Ku Klux Klan

Hipatia dijo...

A versión da canción de Billie Holliday totalmente estremecedora, e bueno, que dicir de You've got a friend, tamén unha das miñas cancións preferidas de sempre, que sempre me emociona, aínda recordo o que chorei cando Maru e Juan estrearon a súa versión previa petición miña. Esta versión é espectacular.
Grazas mil pola dedicatoria, e ten razón Cronopias, nos poden recortar o soldo, pero non os bos amigos, que son un tesouro moito máis valioso.

Cronopias dijo...

Queridísimo musicólogo, informático, profe de inglés, e sen embargo amigo:
se tiveras one moment ¿poderías descargar en listen go esa canción de Caetano Veloso (Laeozinho)?

Es que yo no sabo y lo intenté.
Se o fas, faime un comment no meu blog.Come on ,plis.
zenkiuverimach

Raquel dijo...

Tista, maravilhosas estas mulheres, como sempre, e a primeira versom, escuríssima é muito do meu gosto.
Que bom ter aqui as recomendaçons bem a mao!
um abraço
P.S.: já desapareceu a nena do exorcista que havia em mim o outro dia, entre o sono que tinha e a tensom acumulada botava espuma pola boca :-)

BAUTISTA RAMOS dijo...

Raquel, benvida !! Xa sabía eu que che ía gustar a versión de Strange Fruit. En canto á nena do exorcista xa sabes que para que desapareza de todo, o mellor é voltar a "Cova Leliadoura" onde os amig@s te botamos de menos XDXD