jueves, 17 de junio de 2010

CASSANDRA WILSON

Xa sabedes que me encantan os discos de versións sempre e cando me digan algo diferente do orixinal, que non sexa unha mera copia. Ese é o caso do último disco de Cassandra Wilson (Closer to you: The Pop side), que leva semanas sonando de xeito compulsivo no meu reproductor. Trátase dunha recopilación de versións de clásicos do pop-rock anglosaxón que esta cantante foi incluíndo nos seus últimos discos.
Cassandra Wilson ten unha voz peculiar: grave, sensual e poderosa pero á vez moi cálida. A diferencia de outras artistas "standarizadas" como a superventas Diana Krall, Cassandra Wilson é multidireccional: os seus discos caracterízanse for unha fusión do jazz con outros tipos de música como o blues, o country, o funk, o folk ou o pop, todo iso aderezado con ritmos afro-americanos, alonxándose así das estructuras clásicas do jazz.
Algúns de vós a recordaredes por ser a vocalista do grupo M-Base xunto a Steve Coleman e Greg Osby.
Neste disco atopamos revisións moi persoais de temas de Bob Dylan, Sting, U2, The Wallflowers, Cindy Lauper, The Monkees, Van Morrison ou Neil Young, pero fai seus cada un dos temas imprimíndolles un estilo propio e usando multitude de instrumentos diferentes como mandolinas, violíns, instrumentos típicos africanos ... e a súa extraordinaria voz!
Deíxovos con 2 videos dela:
O primeiro é a versión que fai do tema de Sting "Fragile"



Neste 2º video, interpreta o gran clásico de Neil Young: Harvest Moon

13 comentarios:

TONY dijo...

Só se me ocurre unha palabra: MARAVILLOSA !!!

ALI dijo...

Bueno, tercer post y primera mención de U2. ¿Que canción versionea de ellos? Po4 cierto,al llegar a casa me bajo sin falta el disco.

BAUTISTA RAMOS dijo...

A canción que fai de U2 é "Love is Blindness". Non é unha das máis coñecidas pero ahí recoñezo que son parcial: Gústame bastante máis a canción orixinal. Non o podo evitar, jejeje

MANU dijo...

¿Ten temas de composición propia? Realmente sona moi ben. Non sei de onde coño as sacas, pero cada día sorpréndesme máis. Alégrome de ser un deses pesados que che convenceron pa facer esto.

BAUTISTA RAMOS dijo...

Alégrome un montón que vos estea gustando a selección que vou facendo. Nos seus discos anteriores mezcla temas de composición propia con versións de clásicos como estes. De feito, todas estas versións están incluídas nos 7 discos que sacou co sello Blue Note. Aínda que despois de escoitar este disco, descubrín que ten unha versión fabulosa do clásico de Bob Marley "Redemption Song" que non incluiu no disco pero podedela escoitar en youtube. Extraordinaria !!

Anónimo dijo...

Tremenda voz !!

BAUTISTA RAMOS dijo...

E ten tamén un versión do killing me softly de Roberta Flack que "te cagas por la pata"

cronopia dijo...

wauuuuuuu! que xoiaaaaa! ¡que voz! ¡que versións!

Menudos descubrimentos...

Impresionante.

PEPE dijo...

Iba berrar contigo este finde por facerte de rogar tanto, pero joder ... VALEU A PENA A ESPERA!! Vaia voz. Ali vai baixar este disco, pero eu vou buscar todo o que haxa dela !!!

BAUTISTA RAMOS dijo...

Gracias a todos polos comments. E alégrome que vos guste... Pero tamén espero que cando non vos guste que o comentedes eh?? Ata agora dodo son eloxios, pero xa chegarán os paus. XD

ANDRÉS dijo...

Totalmente de acordo con todos os comentarios anteriores. IMPRESIONANTE.
Please, dime que versión fai de Dylan e de Cindy Lauper

BAUTISTA RAMOS dijo...

Neste disco de Dylan fai un versión do "Lay, lady lay", pero nun disco anterior tamén ten unha versión de "Shelter from the storm". En canto a Cindy Lauper ... creo que acertachedes todos "Time after time"

JUANJO dijo...

FABULOSA !!
De verdade que me quedei sen palabras, levo un par de horas poñendo o enlace do video da versión de Sting unha e outra vez e non me canso. Gracias, gracias, gracias ...