martes, 22 de junio de 2010

MELODY GARDOT

O seu sen dúbida si que é un exemplo de perseverancia e de superación da adversidade. Nacida en 1985, a idade de 19 anos xa tocaba o piano en clubs nocturnos de jazz da súa Philadelphia natal.Un día que ía en bici para un deses clubs, un conductor a atropellou. Perdeu a memoria curta, lastimou os oídos e durante un tempo quedou paralizada de cintura para abaixo. Un doctor iluminado obrigouna como parte da terapia, a retomar a música e milagrosamente conseguiu recuperarse atopando a forza e a determinación necesaria para seguir coa súa carreira de artista. Hoxe en día precisa gafas escuras, usa bastón, e leva implantado un electro estimulador subcutáneo que lle transmite impulsos eléctricos para aliviar a dor, pero aínda así consiguiú o que se propoñía: compón, toca a guitarra, e canta como Dios. Lanzou o seu primeiro disco, Worrisome Heart, do que vos deixo 2 cancións.
A primeira é unha canción composta por ela e que da título ao álbum; Worrisome Heart



A segunda é unha versión que realiza do clásico Somewhere over the rainbow

>

11 comentarios:

ALI dijo...

Ole, ole y ole

PEPE dijo...

Non esta mal, pero chico despois de escoitar e descubrir a Cassandra Wilson a semana pasada, todo me vai parecer inferior

MANOLO dijo...

Bellísima voz e bonita historia, pero eu aos meus fillos cada vez que protestan voulles seguir contando a historia dun amigo meu que tras superar unha operación de desprendemento de retina e currar nunha taberna aguantándonos a uns cantos borrachos de 6 da tarde a 2 de mañán TODOS OS DÍAS, conseguiu acabar unha carreira de 5 anos en 5 e aprobar as oposicións á primeira

Anónimo dijo...

Tista, ¿De quén é o orixinal desta canción?

BAUTISTA RAMOS dijo...

Tería que contrastalo en internet, pero que eu recorde a canción foi composta expresamente para que a cantara Judy Garland en "mago de Oz", pero ao mellor estou equivocado

NEME dijo...

Boísima a tía e impresionante a súa historia. Por certo, como xa sabemos a túa "fascinación" por versións raras de clásicos, xa nos podes recomendar algunha outra versión de somewhere over the rainbow.

BAUTISTA RAMOS dijo...

Hai moitísimas ... Bob Marley, Eric Clapton, Pink Floyd, Guns 'n' Roses, Queen, Jimi Hendrix, ... practicamente todos os grandes fixeron unha versión desta canción e todas moi boas. Sin embargo, como sei que che gustan as rarezas, vouche recomendar a versión de Israel Kamakawiwo a ritmo de ukelele. Seguro que a recoñeces pola peli "50 primeras citas".

miguel dijo...

espabila, que vou facer un CD coas túas recomendacións, e vai ser un gran éxito!!

JUANJO dijo...

Totalmente de acordo con pepiño, despois de Cassandra Wilson, calquera cousa que poñas vai parecer menor

BAUTISTA RAMOS dijo...

Vale, ou sexa que xa podo pechar o blog, non? COJONUDO. jajaja

BAUTISTA RAMOS dijo...

Ok, este finde pondrei algo máis de Cassandra Wilson, e xa eh? Mentres tanto disfrutade un pouco de Melody Gardot que merece a pena