domingo, 27 de junio de 2010

WISH YOU WERE HERE

Hoxe estou de baixón. Fai un ano da morte dun familiar, dun amigo.

28 anos, unha vida por diante, unha filla preciosa de 4 anos, unha moto de alta cilindrada, un puto camión que adianta... bágoas,dor incontrolable na súa viúda, tristura infinita nos ollos da súa filla ... preguntas sen resposta da súa nai ...

Xa pasou un ano.

Desde aquí vai a miña particular homenaxe, e para os asiduos deste blog, permitídeme que desta vez non vos presente un disco completo, ou unha cantante que non coñecíades. Hoxe, apetéceme volver aos clásicos.

Para José, In Memoriam, "Wish you were here" (Oxalá estiveras aquí) de Pink Floyd.

14 comentarios:

MANOLO dijo...

animo colega

TONY dijo...

Que grande. Facía anos que non escoitaba esta canción

Anónimo dijo...

Xa non me acordaba eu desta canción. ¿Como non puxeches algunha versión que non coñeceramos?

BAUTISTA RAMOS dijo...

As versións que atopei en youtube para poñer son as de Pink Floyd e logo en directo unha de David Gilmour e outra de Roger Waters con Eric Clapton. Preférín poñer a de Pink Floyd ao completo, aínda que postos a elexir, collería sempre a DAvid Gilmour

Anónimo dijo...

¿Por qué non a Roger Waters?

BAUTISTA RAMOS dijo...

É cuestión de gustos. Nos grupos que teñen 2 xenios, sempre te decantas por 1, e eu prefiro a Lennon antes que a McCartney, Keith Richards a Mick Jagger, Roger Hodgson a Rick Davies,Peter Gabriel a Phil Collins, e no caso de Pink Floyd, David Gilmour a Roger Waters.

raquel dijo...

boa homenagem, há dias que melhor nom comentar, só escutar a cançom e lembrar os que se fôrom,
beijinhos

BAUTISTA RAMOS dijo...

Thanks Rachel

cronopia dijo...

Ánimo, old friend.

Isto é o que ten esto tan raro que chamamos estar vivo.

Un día despertas e daste conta das ausencias: da tanta xente importante na túa vida que estaba e agora xa non está, pero a súa enerxía segue aí, neste caso convertida en música, nun tema de Pink Floyd.

ALI dijo...

Ánimo AMIGO. De todos modos sigo admirando esa capacidad tuya de poner la música adecuada en cada momento. Precioso ese vieja tema de Pink Floyd

BAUTISTA RAMOS dijo...

Gracias a todas e todos

PEPE dijo...

Ben sabes que esta é unha das nosas cancións preferidas e sei perfectamente o que significa esta canción para ti. Solo decir que se tivera que escoller 5 cancións para escoitar antes de morrer, esta sería unha delas. Animo my friend

Hipatia dijo...

Outra das miñas cancións preferidas de sempre, aínda que cando doen tanto as ausencias e moi difícil atopar verbas que mitiguen a dor, e dan ganas de berrar, parafraseando a outro artista que admiramos os dous, "oxalá pase algo que "NON" te borre de pronto".
Ánimo e biquiños moreas **

Anónimo dijo...

Acabo de entrar en este blog por wish you were here, y creo que me quedaré mucho tiempo. Enhorabuena