Lizz Wright deuse a coñecer con un grupo de jazz coral que se chamaba In the spirit, pero salta á fama nun concerto homenaxe a Billie Holiday na que interpreta 2 temas: I cover the waterfront, e Don't explain que deixan ao público con bágoas nos ollos.
A partir de ahí, contrato con Verve Forecast, un primeiro disco excepcional con moitos standards do jazz ("Salt"),un segundo disco máis soul e gospel ("Dreaming Wide Awake") e por fin este The Orchard, por certo producido por Graig Street, curiosamente o mesmo productor de Cassandra Wilson.
Neste disco atopamos 13 temas, algúns deles co-escritos pola propia Lizz e Toshi Reagon, e coa colaboración de músicos excepcionais como Joey Burns ou John Coventrino do grupo Calexico, do que vos prometo un post proximamente.
Pero polo mesmo prezo, atopamos versións fantásticas de temas de Ike & Tina Turner ("I idolize you"), Patsy Cline ("Strange"), Led Zeppelin ("Thank you") ou Neil Young ("Old man").
Déixovos 2 temas.
O primeiro é unha composición da propia Lizz Wright chamada "My heart"
Lizz Wright -
O 2º tema é un directo no que interpreta o clásico de Neil Young "Old Man"
9 comentarios:
Que voz tan condenadamente hermosa !!
Joder co productor ese, vaya ollo. eu tamén quero, así calquera ...
E aínda leva outra xoia máis da que xa vos falarei que se chame Mee'Shell Ndegeoncello que é unha pasada
Que voz tan cálica y sensual. Me la quedo.
buaaa. Fantástica unha vez máis. Eepectacular esa versión dun clásico como Old man
Non deixas de sorprenderme. Xa vexo que Cassandra Wilson, esa que nos enreda tanto, non era o único tesouro que tiñas enterrado. Vainos sacando todiños eh?
¡E que despois teñas que escoitar por ahí(emisoras de radio, canales de música na televisión) que Beyoncé é a gran voz e a gran dama do Rhythm and Blues!
Eu tamén escoitei semellante bararidade, e preguntome se algún deses escoitou algunha vez cantar ou polo menos se saben que é unha tal Etta James
Boísima.
Publicar un comentario